Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 09 de decembro de 2003 Páx. 15.042

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

DECRETO 422/2003, do 5 de decembro, polo que se dispón que cese José Luís Méndez López, como presidente do Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea.

En virtude do establecido no artigo 5.3º do Decreto 326/1996, do 26 de xullo, de regulamentación do Centro Galego de Arte Contemporánea, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día cinco de decembro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Que cese José Luís Méndez López como presidente do Centro Galego de Arte Contemporánea, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, cinco de decembro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO