Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 05 de decembro de 2003 Páx. 15.036

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

SUBMINISTRACIÓN de respirador e máquina de anestesia.

O Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A. está interesado en contrata-la subministración dun respirador e unha máquina de anestesia para a súa Unidade de Cirurxía Cardíaca situada no Hospital do Meixoeiro de Vigo.

Número de expediente: CC/003/03.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas centrais do instituto; praza Europa 5A-6ºB Área Central, As Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, nos dez días naturais a partir do día seguinte ó da data de publicación no DOG.

Modalidade de adxudicación: procedemento aberto, concurso público.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de condicións xurídicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas centrais do Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A.. Teléfono: 981 57 76 50.

A documentación pode ser consultada na páxina web do Sergas: (http//www.sergas.es).

Apertura de sobres: a apertura pública será a partir das 11.00 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o antedito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día seguinte hábil.

O anuncio do concurso será por conta do/s adxudicatarios/s.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2003.

Julio Villar Barreiro

Director xerente do Instituto Galego de Medicina

Técnica, S.A.