Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 05 de decembro de 2003 Páx. 15.035

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

Obxecto.-Servicios de mantemento das instalacións dos aparellos elevadores dos centros da Deputación Provincial da Coruña.

Orzamento: 221.030 A, IVE incluído.

Prazo de execución: 1 de xaneiro de 2004 ó 31 de decembro de 2005, prorrogable nas condicións establecidos na cláusula 6 do prego de condicións.

Garantías.

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Clasificación:

-Nova clasificación do Regulamento xeral da Ley de contratos. Decreto 1098/2001: grupo P, subgrupo 7, categoría B.

-Equivalencia anterior. Clasificación (disposición transitoria única. Regulamento da Lei de contratos): grupo III, subgrupo 7, categoría B.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Anuncio extenso: BOP.

Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación ata as 13.00 horas do día, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 2 de decembro de 2003.

Salvador Fernández Moreda

Presidente da Deputación provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación provincial da Coruña