Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 05 de decembro de 2003 Páx. 15.031

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicataria.

Concello de San Cibrao das Viñas.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: realización da obra beirarrúas en Currás e Rante.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: Currás e Rante.

d) Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación.

Orzamento de licitación: 87.652,11 euros (oitenta e sete mil seiscentos cincuenta e dous euros con once céntimos).

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento base de licitación: 1.753,04 euros.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: Secretaría do Concello de San Cibrao das Viñas, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

b) Domicilio e teléfono: Casa do Concello de San Cibrao das Viñas, praza da Constitución, 1, San Cibrao das Viñas. Teléfono 988 38 10 34, fax 988 38 11 01.

c) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

Un exemplar do proxecto e do prego de cláusulas depositaranse na Fotocopiadora Puga, situada na avda. da Habana (Ourense) para a obtención de copias polos interesados.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de proposicións.

a) Prazo de presentación: ata o décimo terceiro (13) día natural contado desde o día seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou DOG de 9.00

a 14.00 horas. Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación necesaria: a que se indica no prego de cláusulas administrativas que rexe a contratación, consonte os modelos que se establecen no dito prego.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Casa do Concello ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

9. Apertura de ofertas.

a) Lugar: Casa do Concello de San Cibrao das Viñas.

b) Data: o terceiro día hábil seguinte (excepto sábados) a aquel do remate do prazo de presentación de ofertas.

c) Hora: 10.00 horas.

10. Outras informacións.

Os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos do expediente.

Os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

San Cibrao das Viñas, 28 de novembro de 2003.

Elisa Nogueira Méndez

Alcaldesa