Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 05 de decembro de 2003 Páx. 15.027

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Bueu.

2. Obxecto do contrato: execución da obra: saneamento de pequenos núcleos rurais, zona O Beloso, PSA/2003. Prazo: 4 meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Tipo de licitación: 60.102 euros.

5. Garantías. Provisoria: non se esixe. Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de información e documentació: Concello de Bueu, Eduardo Vicenti, 10, 36930 Bueu, Pontevedra. Teléfono: 986 39 00 29, telefax: 986 32 20 99.

7. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións administrativas. Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de proposicións.

a) Prazo e lugar: no Concello de Bueu, durante os 26 días naturais desde o seguinte ó da publicación deSte anuncio no último dos boletíns no que apareza (DOG ou BOP). De 8.00 á 14.00 horas de luns a venres, das 9.30 ás 13.00 horas os sábados, no rexistro xeral do Concello ou da forma sinalada na cláusula 9 do prego de condicións.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións constarán de 2 sobres pechados, A e B denominados de «Documentación xeral» e «Documentación específica para o concurso», coas inscricións e contendo a documentación que se sinala na cláusula 9 dos pregos de condicións particulares.

9. Apertura das ofertas: o 6º día hábil seguinte ó de finaliZación do prazo para a presentación de proposicións (para efectos da apertura o sábado considerase inhábil).

10. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

Máis información nos pregos, que se poderán consultar en horario de oficinas na propia casa do concello.

Bueu, 29 de outubro de 2003.

Félix Juncal Novas

Rubricado