Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 05 de decembro de 2003 Páx. 15.025

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2003 pola que se lle dá publicidade ós beneficiarios das axudas concedidas ó abeiro do convenio para a posta en marcha na Comunidade Autónoma de Galicia de centros residenciais para maiores asistidos de iniciativa privada, con proxectos que superan os 300.000 euros de gasto subvencionable.

Mediante Resolución do 7 de novembro de 2001 fíxose público o contido do convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, a Consellería de Economía e Facenda e o Igape para a posta en marcha na Comunidade Autónoma de Galicia de centros residenciais para maiores asistidos de iniciativa privada (DOG nº 220, do 14 de novembro).

Este convenio asinouse co obxecto de establece-las condicións de colaboración entre as consellerías de Economía e Facenda, Sanidade e Servicios Sociais e o Igape para incentiva-los investimentos e infraestructuras de iniciativa privada adicadas a centros residenciais para maiores asistidos.

Atendendo ó establecido na cláusula cuarta do convenio e á base 17ª das bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica para proxectos empresariais de investimento, feitas públicas mediante Resolución do 13 de xullo de 2001 (DOG nº 142, do 23 de xullo), serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas para aqueles proxectos que superen os 300.000 euros.

Estes proxectos serán financiados con cargo á aplicación orzamentaria 02.01.10.03.01.656700 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Único.-Dar publicidade á relación de beneficiarios, que figura como anexo, das axudas concedidas ó abeiro do convenio para a posta en marcha na Comunidade Autónoma de Galicia de centros resi

denciais para maiores asistidos de iniciativa privada que superen os 300.000 euros de gasto subvencionable.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

ANEXO

Nº expedienteNome/razón socialInvestimento subvencionableSubvención

AF015.2001.1.16Sanidad y Residencias 21, S.A.5.409.108,94540.910,89

AF015.2001.1.29Geriatros, S.A.4.874.988,08487.498,81

AF015.2001.1.30Servicios Asistenciales

y Residenciales, S.L.

4.878.896,92487.889,69

AF015.2001.1.31Soepa, S.L.5.409.108,94540.910,89

AF015.2001.1.34Centro de Maiores Bardella, S.L.5.409.108,94540.910,89

AF015.2001.1.35Gestión y Desarrollos

Socio Sanitarios, S.L.

5.409.108,94540.910,89

AF015.2001.1.37Gestión y Desarrollos

Socio Sanitarios, S.L.

5.409.108,94540.910,89

AF015.2001.1.38Lucus Residencial, S.L.5.303.550530.355

AF015.2001.1.41Resgal Ferrolterra, S.L.5.409.108,94540.910,89

AF015.2001.1.47Geriatros, S.A.5.166.296516.629,60