Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 05 de decembro de 2003 Páx. 15.020

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

CÉDULA do 6 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador SAN-LU-0091/2003RE, aberto por infracción en materia de sanidade animal.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que se sinalan a continuación, a incoación do expediente sancionador nº SAN-LU-0091/2003RE, acordada polo delegado provincial da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural de Lugo.

Noméase instructor do procedemento a Xermán Souto García, e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será dictada polo delegado provincial.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula, para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, situada na Ronda da Muralla 70, para presentar prego de descargo e os documentos que coide convenientes na súa defensa, así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretaria, en calquera momento da tramitación do procedemento. De non efectuar alegacións no prazo sinalado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993 (BOE do 9 de agosto).

Lugo, 6 de novembro de 2003.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: SAN-LU-0091/2003RE.

Denunciado: Juan Carlos Mosquera Samper.

NIF: 9176776-Y.

Último enderezo coñecido: Doutor Casares 119, Monforte de Lemos (Lugo).

Feitos imputados: exerce-la actividade de operador comercial de gando con posterioridade a ser dado de baixa na dita actividade.

Tipificación da infracción:

Precepto infrinxido: artigos 195 e 196 do Regulamento de epizootias do 4 de febreiro de 1955.

Precepto sancionador: artigo 83.10º da Lei 8/2003, do 24 de abril, de sanidade animal.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción posible: apercibimento.