Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 05 de decembro de 2003 Páx. 15.018

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/221-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: r/ Nicaragua nº 10, 3º esq., 15005 A Coruña.

Denominación: centro de seccionamento y transformació de Os Candes.

Situación: A Laracha.

Descricións técnicas: variantes de liñas aéreas de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56.

166 m de lonxitude, desde o apoio nº 1 Ó apoio nº 3 no tramo de liña entre o C.T. Villamir e o C.T. Barreiros.

112 m de lonxitude, desde o apoio nº 1 da liña C.T. Vilamir-C.T. Barreiros e o apoio nº 1 da derivada a C.T. Rosende.

C.T. na caseta Prefabricada de formigón de 100 kVA e tensiónS de 15/0,380-0,220, denominación Os Candes-A Laracha.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 31 de outubro de 2003.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións