Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 05 de decembro de 2003 Páx. 15.013

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 4 de novembro de 2003, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-00365-O-2003 e catro máis).

Por medio desta cédula notifícanselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte á publicación desta cédula. No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, clave 390005, en Caixa Galicia cta. contable 840 código 001 ou en Caixanova Recadación Xunta modelo XTAX, no prazo de 15 días hábiles seguintes á firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso de alzada dentro do prazo, e de non facelo así, procederase ó seu cobramento por vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

Para que conste, e lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999 citada anteriormente, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra, 4 de novembro de 2003.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-00365-O-2003

M-7573-HW

G.C. Tráfico

Nammouhi Bouchaib

Camiño Vello, 11 15830 Negreira

A Coruña

Circular transportando ferramentas, trades, mantelerías etc., carecendo da tarxeta de transportes. Servicio privado.

2-4-2003; 9.30.00; C-550; 28,200

Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do Real decreto 1211/1990Artigo 143 da Lei 16/1987, artigo 201 do Real decreto 1211/1990150 euros
PO-00455-I-2003

5856-BFC

nº 74

Atcon Servicios y Obras, S.L.

Bolivia nº 4 baixo, 36200 Vigo

Pontevedra

Comparecendo axente de inspección nº 74, adscrito a este servicio provincial, no acceso ó porto pesqueiro de Vigo, para comproba-las irregularidades denunciadas telefonicamente, constátase que o vehículo 5856-BFC, transporta material de construcción. Presenta documentación do vehículo, pero non a autorización de transporte que lle é requirida. O vehículo é conducido por Manuel Rodríguez Lorenzo, sendo da titularidade de Atcon Servicios y Obras, S.L. Servicio privado.

14-2-2003; 10.00.33

Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do Real decreto 1211/1990Artigo 143 da Lei 16/1987, artigo 201 do Real decreto 1211/199090 euros
PO-00595-O-2003

PO-5623-AS

G.C. Tráfico

Rosario Martínez Dasilva

Santa Marta,17, 36940 Darbo

Cangas (Pontevedra)

Circular transportando mercadoría variada, carecendo da tarxeta de transportes. Leva distintivo privado ámbito nacional. Servicio privado.

22-1-2003; 16.55.00; C-550; 122,200

O.M. do 25 de outubro de 1990 (BOE 30), artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do Real decreto 1211/1990Artigo 143 da Lei 16/1987, artigo 201 do Real decreto 1211/1990300 euros
PO-00961-O-2003

M-0599-JV

G.C. Tráfico

Rodisa, S.L.

Granxa Caleiro, 105,

36600 Vilanova de Arousa (Pontevedra)

Transportar un compresor e varias rodas coa tarxeta de transportes caducada con data do 31 de agosto de 1999. Servicio privado.

13-2-2003; 11.00.00; C-550; 26,300

Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do Real decreto 1211/1990Artigo 143 da Lei 16/1987, artigo 201 do Real decreto 1211/1990150 euros
PO-01117-O-2003

PO-9134-AG

G.C. Tráfico

Exclusivas Gon-bal, S.L.

Avda. Alvedosa, 55,

36800 Redondela (Pontevedra)

Circular transportando 50 kilos de bolería industrial, facendo reparto, carecendo dos distintivos de transporte nos laterais da cabina ou as súas proximidades. Carece dos dous laterais. Servicio privado.

4-3-2003; 13.20.00; C-550; 122

O.M. do 25 de outubro de 1990 (BOE 30)Artigo 143 da Lei 16/1987, artigo 201 do Real decreto 1211/199060 euros