Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 05 de decembro de 2003 Páx. 14.998

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE COORDINACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2003, da Secretaría Xeral do Consello de Coordinación Universitaria, pola que se anuncia a data na que se realizarán os sorteos para designa-los vocais que integran as comisións que xulgarán os concursos para a provisión de vacantes de corpos docentes universitarios.

Convocadas para provisión as prazas dos corpos docentes universitarios que se relacionan no anexo e dándolle cumprimento ó disposto no artigo 6 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (Boletín Oficial del Estado do 26 de outubro), artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño (Boletín Oficial del Estado do 11 de xullo) e artigo 17 e) do Real decreto 552/1985, do 2 de abril (Boletín Oficial del Estado do 27 de abril).

Esta secretaría xeral resolveu sinala-la realización dos sorteos correspondentes ás prazas sinaladas no citado anexo, co fin de designa-los membros das comisións que serán elixidos por este procedemento para o día 17 de decembro de 2003, ás dez horas, que se realizarán polo sistema aprobado pola Comisión Académica do Consello de Universidades, na súa sesión do 14 de xullo de 1995, de modo secuencial, segundo a orde en que figuran relacionados no anexo citado.

Os ditos sorteos terán lugar no Consello de Coordinación Universitaria (Cidade Universitaria, sen número, 28040 Madrid).

Para os efectos previstos no artigo 1 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, a partir da data desta resolución, faranse públicas as relacións dos profesores que participarán nos sorteos no Consello de Coordinación Universitaria.

Das citadas relacións e no momento do sorteo, serán excluídos aqueles profesores que:

-Pertenzan á mesma universidade á que corresponda a praza.

-Fosen designados para formar parte da comisión titular pola universidade á que corresponda a praza.

-Sexan aspirantes e pertenzan á mesma área de coñecemento á que corresponda a praza.

As reclamacións contra as referidas relacións formularanse antes do día 12 de decembro de 2003, dirixidas á Secretaría Xeral do Consello de Coordinación Universitaria (Cidade Universitaria sen número, 28040 Madrid).

Nos concursos nos que non existan suficientes profesores do corpo e área de coñecemento a que corresponda a praza, aplicarase o previsto no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, que modifica o artigo 6.9º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

O que lle comunico para o seu coñecemento e efectos.

Madrid, 12 de novembro de 2003.

José T. Raga

Secretario xeral do Consello de Coordinación

Universitaria

Vicesecretaria xeral do Consello de Coordinación Universitaria

ANEXO

Universidade: Vigo.

Concursos convocados por resolución da universidade de: 20-11-2001 e BOE 14-12-2001.

Concurso: 174/2001.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: microbioloxía.

Presidente titular: Tomás González Villa.

Vocal secretaria titular: Elisa Longo González.