De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu Regulamento do 23 de decembro.
O denunciado poderá presentar nun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, ás alegacións que considere convenientes, participándolle que ten á súa disposición o expediente para examinalo, no Servicio Técnico Xurídico, sito en Benito Corbal, 47, 5ª planta, (Pontevedra). Conforme o establecido no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).
Pontevedra, 6 de novembro de 2003.
José Antonio López Rodríguez
Delegado provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: PO-INC-03/112.
Denunciado: Perjan, S.L.
Último enderezo coñecido: Saxamonde Valos, 86, 36800 Redondela.
Feito denunciado: abandono dun vehículo en masa forestal.
Precepto infrinxido: artigo 137 e) do regulamento da Lei de incendios forestais.
Precepto sancionador: artigo 139 do regulamento da Lei de incendios forestais.
Sanción: 300,51 euros.
Expediente: PO-INC-03/120.
Denunciado: Albino Rodríguez Rodríguez.
Último enderezo coñecido: Miranciños, 41, Vide, 36446 As Neves.
Feito denunciado: vertedura do lixo no monte.
Precepto infrinxido: artigo 137 e) do regulamento da Lei de incendios forestais.
Precepto sancionador: artigo 139 do regulamento da Lei de incendios forestais.
Sanción: 150,25 euros.