Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 04 de decembro de 2003 Páx. 14.936

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/76-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Hormigones Taboadela.

Domicilio social: Fondo do Castro, 32690 Taboadela.

Denominación: L.M.T.S., para planta de formigón en Fondo do Castro.

Situación: concello de Taboadela.

Descricións técnicas: liña subterránea a 20 kV de 100 m de lonxitude, en conductor tipo R.H.Z. 3x95 mm, con orixe no apoio nº 72 da L.M.T. Ourense-Allariz (U. Fenosa) e remata no C.T. de 400 kVA existente (expediente 3747-A.T.) preto da nave.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Ourense, 20 de outubro de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense