Mediante Decreto da Alcaldía de Sada 651/2003, do 24 de novembro aprobouse inicialmente o estudio de detalle para o reaxuste dunha alineación na Avenida de Sada e os seus contornos, redactado polo arquitecto Ángel Monteoliva Díaz.
O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 86.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para os efectos de que durante o prazo de vinte días, contado a partir da publicación deste anuncio no DOG, poidan ser formuladas as reclamacións e alegacións que se consideren pertinentes.
Sada, 24 de novembro de 2003.
Abel López Soto
Alcalde