Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 03 de decembro de 2003 Páx. 14.875

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONDOÑEDO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello en sesión celebrada o día 5 de novembro de 2003, prestou aprobación ó prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán o concurso para adxudicación da obra denominada acondicionamento da travesía CN-634, Mondoñedo. Este prego exponse ó público, por un prazo de catro días hábiles, supeditado a que non se produzan reclamacións contra el, convocándose concurso conforme o seguinte detalle:

1. Entidade adxudicadora: Concello de Mondoñedo.

2. Obxecto do contrato: obras de acondicionamento da travesía CN-634, Mondoñedo, sendo o tipo base de licitación de 704.004 euros (IVE incluído).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente, segundo o acordo corporativo.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Garantías:

a) Provisional: 2% do tipo de licitación.

b) Definitiva: 4% do orzamento de contrato.

5. Clasificación do contratista: E-1 b), G-6 d) e I-1 c).

6. Obtención de documentación e información: na Secretaría do Concello de Mondoñedo.

7. Presentación de ofertas:

Dado que se acordou o carácter urxente deste concurso, a data límite de presentación é de trece días naturais, contados a partir da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

8. Documentación que hai que presentar: a esixida nas bases.

9. Apertura de ofertas:

Data: o quinto día hábil, contado desde a terminación do prazo de presentación de proposicións. Se coincide en sábado trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: 13.00 horas.

10. Gastos de anuncios: con cargo ó adxudicatario.

Mondoñedo, 6 de novembro de 2003.

O alcalde

Rubricado