Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 03 de decembro de 2003 Páx. 14.844

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 27 de novembro de 2003 pola que se establece a convocatoria pública para a programación de cursos do Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ó exercicio do ano 2004.

Mediante o Decreto 69/1993, do 10 de marzo, a Comunidade Autónoma de Galicia asume as funcións e ser

vicios transferidos pola Administración do Estado en materia de formación profesional ocupacional.

Nesta transferencia a Administración do Estado reserva para si, entre outras funcións, a da aprobación do Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional (Plan FIP). En exercicio desta competencia díctase o Real decreto 631/1993, do 3 de maio, no que se marcan as pautas e as directrices que deben seguir tanto o Instituto Nacional de Emprego (Inem) como as comunidades autónomas con competencias na materia, e establécese a necesidade de realizar unha convocatoria pública durante o trimestre anterior ó comezo do exercicio anual para aquelas entidades que desexen participar na correspondente programación, indicando os termos, prazos e condicións nos que as solicitudes deben presentarse e as accións executarse.

O Decreto 212/2003, do 3 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais atribúelle a esta, a través da Dirección Xeral de Formación e Colocación, o exercicio das competencias e funcións, entre outras materias, relativas á formación profesional ocupacional; o Decreto 287/2000, do 21 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, establece que a concesión de axudas e subvencións se axustará ós principios de publicidade, concorrencia e obxectividade, en aplicación do disposto no artigo 78 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, texto refundido aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, ós que se axusta esta disposición.

O obxecto desta orde é concreta-los principios xerais contidos na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, no relativo ás axudas para os cursos de formación profesional ocupacional dirixidos ós traballadores desempregados, que teñen por obxecto a súa cualificación para o acceso a un emprego.

Todas estas accións de formación profesional ocupacional conforman un dos elementos máis salientables das políticas activas de emprego, como medida de mellora da empregabilidade dos desempregados dentro da Estratexia Europea de Emprego acordada polo Consello Europeo extraordinario de Luxemburgo, e da estatal, de acordo co Plan Nacional de Acción para o Emprego. Así mesmo, o Plan Galego de Formación Profesional establece que a formación profesional ocupacional constitúe unha vía fundamental para conseguir un incremento da competencia, da empregabilidade e das posibilidades de inserción laboral dos traballadores desocupados.

A orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, na redacción dada pola Orde do 27 de novembro de 2000, que a modifica, establece no seu artigo 3.3º que poderán tramitarse, no exercicio inmediatamente anterior ó que se vaian imputa-los correspondentes gastos, os expedientes relativos ás bases reguladoras ou convocatorias de axudas e subvencións derivadas da aplicación de regulamentos comunitarios con financiamento procedente dos fondos

europeos, sempre que exista regulación das axudas pola Unión Europea, ou de ámbito estatal dictada en desenvolvemento ou transposición dela, e que existan compromisos de financiamento destinados á aplicación das medidas citadas.

Así, o financiamento das axudas previstas nesta orde de convocatoria farase con cargo ós créditos dos programas 16.05.241A.471.0 (9.326.308 A) e 16.05.241A.480.0 (27.861.855 A) que figuran no proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2004.

Consecuentemente con todo o anterior, consultados o Consello Galego de Formación Profesional e o Consello Galego de Relacións Laborais, en exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto e ámbito de aplicación.

1. Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma, tanto a convocatoria pública como a execución das accións formativas do Plan FIP, correspondentes ó exercicio do ano 2004, xestionadas pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, a través das súas delegacións provinciais e da Dirección Xeral de Formación e Colocación.

2. A convocatoria das subvencións previstas nesta orde, agás as recollidas no artigo 2º.1 c), realizarase mediante réxime de concorrencia competitiva.

Artigo 2º.-Impartición.

1. A impartición das accións de formación profesional ocupacional realizarase, ademais de nos centros de formación profesional propios da Xunta de Galicia, naqueles dos que dispoñan as entidades que a continuación se indican e que, consecuentemente, poderán participar na convocatoria pública:

a) As que de conformidade co disposto no Decreto 158/2001, do 29 de xuño, polo que se regula o procedemento para a homologación de especialidades formativas e para a inscrición no censo de centros colaboradores de formación ocupacional da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, dispoñan de centros que estean inscritos nel, para impartir aquelas especialidades formativas que teñan homologadas ou solicitada a súa homologación antes do 30 de xuño de 2003, aínda que as ditas solicitudes estarán supeditadas á resolución positiva de homologación.

b) As organizacións empresariais ou sindicais, os organismos paritarios de formación de ámbito sectorial e as organizacións representativas da economía social que dispoñan de centros con especialidades homologadas de conformidade co establecido na alínea a).

c) As empresas ou grupos de empresas que presenten un proxecto formativo específico para elas con com

promiso de contratación. Estes proxectos regularanse polo establecido nesta orde, coas especificidades que se recollen no capítulo IV, e na súa normativa de desenvolvemento.

2. As entidades beneficiarias de axudas para a impartición de cursos de formación profesional ocupacional non poderán subcontratar ou cederlle a un terceiro a execución dos cursos aprobados.

Artigo 3º.-Axudas.

1. As accións formativas impartidas ó abeiro desta orde serán obxecto de subvención para compensa-los custos derivados da súa execución.

2. Cada curso constará de tres módulos: A custos aboables de profesorado e titores, B resto dos custos aboables do curso e C bolsas e axudas ós alumnos. A cada un destes módulos fixaráselle un importe máximo; a suma deles constitúe o importe total do curso.

3. O importe dos módulos que se aplicará a cada curso recóllese no anexo IV desta orde.

4. O importe das subvencións concretarase no producto de horas do curso polo número de alumnos e polo importe dos módulos que lle correspondan ó propio curso. O importe do módulo B calcularase en función da media de alumnos que teña o curso no seu primeiro cuarto. Para estes efectos non terá a consideración de baixa cando esta se produza por colocación ou cando un alumno, coa preceptiva autorización, cause baixa nun curso para incorporarse a outro.

5. No caso de cursos que teñan un mínimo de tres alumnos con certificación de minusvalidez poderase incrementa-lo importe da subvención do curso co obxecto de financia-lo persoal de apoio e a adaptación curricular ou do material didáctico que sexa necesario para garanti-la adquisición de competencias por parte destes alumnos. Este incremento establecerase de acordo coas condicións que se determinen nas normas que dicte a Dirección Xeral de Formación e Colocación en desenvolvemento desta orde.

6. O cobramento desta subvención será incompatible coa percepción de calquera outra axuda pública ou privada da mesma natureza para a mesma actuación.

Artigo 4º.-Custos subvencionables.

1. Poderanse imputar como custos aboables ou subvencionables correspondentes ó módulo A os gastos de profesorado, que comprenderán os soldos ou honorarios do persoal docente, contratado fixo ou eventual ou o prezo do servicio externo docente. Poderanse incluír tamén os custos de preparación, seguimento, control da actividade docente e os gastos de Seguridade Social por conta do centro colaborador cando contratase os profesores por conta allea, coa obriga da súa afiliación e/ou alta na Seguridade Social.

2. Poderanse imputar como custos aboables ou subvencionables correspondentes ó módulo B os seguintes gastos:

a) Gastos de seguros de accidentes dos alumnos e, se é o caso, importe da póliza de responsabilidade civil

para lles facer fronte ós riscos que poidan derivarse da realización de actividades relacionadas co curso para os bens e as persoas.

b) Gastos de medios e materiais didácticos, como textos e materiais dun só uso polo alumno e os materiais de traballo funxibles utilizados durante as actividades de formación.

c) Gastos de amortización de instalacións, equipos e maquinaria, de duración superior a un exercicio anual. En ningún caso os gastos de amortización dos bens, que terán unha relación directa coa actividade docente da entidade, poderán superar unha imputación do 25 por 100 do módulo B.

d) Gastos de enerxía eléctrica, de combustibles, así como de mantemento das instalacións e equipamentos formativos.

e) Gastos xerais, que comprenderán os seguintes conceptos, que deberán te-la súa orixe na actividade do curso: seguros; comunicacións; gastos de persoal directivo e administrativo estrictamente necesario; gastos de transporte necesarios para a realización de viaxes didácticas previstas no programa formativo ou as que sexan apreciadas como necesarias e autorizadas expresamente pola correspondente delegación provincial. Neste caso tamén poderá incluírse o importe das entradas para alumnos e profesores, pero non a manutención durante as visitas; gastos de limpeza do lugar ou lugares de impartición do curso: aulas, talleres e elementos comúns; gastos de publicidade do curso necesarios para a incorporación dos alumnos, de conformidade co establecido nesta disposición ou na súa normativa de desenvolvemento, para a execución dos cursos aprobados dentro do Plan FIP.

f) Gastos de alugueres de instalacións e de maquinaria.

3. O módulo C do curso estará constituído polas bolsas e axudas ós alumnos, coas condicións establecidas nas normas que dicte a Dirección Xeral de Formación e Colocación en desenvolvemento desta orde.

Artigo 5º.-Pagamento.

1. Con carácter xeral, o aboamento da subvención farase efectivo da seguinte forma:

a) Ata o 50 por 100 do total do orzamento de gastos de cada curso, en concepto de anticipo, no momento no que a delegación provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, ou a Dirección Xeral de Formación e Colocación, segundo proceda, reciban comunicación da entidade impartidora na que se notifique o inicio de cada curso, así como a documentación sinalada no artigo 7º.6 desta orde, se é o caso.

b) O importe restante, unha vez rematadas tódalas accións formativas e xustificados os gastos realmente efectuados en cada unha mediante certificación do responsable da entidade por conceptos orzamentarios segundo o establecido no artigo 7º.5 desta orde. A xustificación realizarase curso a curso dentro dos quince días seguintes á súa finalización.

2. Poderán acordarse pagamentos parciais á conta da liquidación definitiva a medida que o beneficiario xustifique os libramentos anteriores, que nunca serán superiores ó 80% da subvención concedida.

3. Poderanse aboar anticipos de ata o 50% da subvención concedida, unha vez que a entidade acredite o inicio do primeiro dos cursos, sempre que se constitúa garantía a favor da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais (Xunta de Galicia), nos termos e condicións sinalados no artigo 17 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. A documentación requirida para a xustificación final dos gastos de cada curso deberá presentarse no prazo de 15 días desde o remate de cada curso, excepto no caso das entidades que teñan un mínimo de 15 cursos programados, que poderán presenta-la xustificación dos gastos de tódolos cursos de maneira conxunta. En tódolos casos, a data límite para a presentación da xustificación final dos cursos será o 30 de novembro de 2004.

Ás entidades que transcorrido o antedito prazo non presentasen a documentación de xustificación final dos gastos, poderá serlles esixido o reintegro das cantidades percibidas en concepto de anticipo, consonte co disposto no artigo 8º desta orde.

5. Revisada a xustificación efectuada polas entidades beneficiarias e sempre que esta se axuste ó disposto nesta orde ou na súa normativa de desenvolvemento, o Servicio de Xestión Administrativa de Formación Ocupacional da Dirección Xeral de Formación e Colocación, nos servicios centrais, ou o Servicio de Formación e Colocación, nas respectivas delegacións provinciais, emitirán certificacións para poder facer efectiva a correspondente liquidación da axuda concedida.

No caso de que a xustificación fose incorrecta, requirirase a entidade para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de 10 días, advertíndolle que, de non facelo, se procederá, se é o caso, a reclama-lo reintegro, total ou parcial, da axuda concedida, nos termos e coas condicións sinalados no artigo 78 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Artigo 6º.-Dereitos e deberes dos alumnos.

1. A formación será gratuíta para tódolos alumnos das accións formativas derivadas desta orde.

2. Os alumnos que resulten seleccionados para un curso non poderán asistir a outro simultaneamente e, salvo autorización expresa do director xeral de Formación e Colocación ou do respectivo/a delegado/a provincial, por causas excepcionais debidamente xustificadas, non poderán causar baixa nun para acceder a outro incluído dentro da programación de formación profesional ocupacional da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

3. Terán a obriga de asistir e seguir con aproveitamento os cursos, e de facilita-la documentación que

lles sexa solicitada pola entidade impartidora, dentro dos 10 primeiros días lectivos; será causa de exclusión incorrer en máis de dúas faltas de asistencia non xustificadas nun mes ou non segui-lo curso con aproveitamento a criterio do seu responsable.

4. Diplomas.

4.1. Cursos non modulados.

Os alumnos que rematen estes cursos con aproveitamento, e asistisen como mínimo ó 75% das súas horas lectivas, recibirán un diploma oficial, no modelo que sexa establecido pola Dirección Xeral de Formación e Colocación, acreditativo da súa realización, no que constarán os seguintes datos:

a) Nome, apelidos e DNI do alumno.

b) Denominación do curso.

c) Lugar e datas de realización.

d) Número de horas e módulos formativos realizados.

e) Entidade impartidora.

Así mesmo, terán dereito ó diploma os alumnos que causen baixa no curso por colocación, cando o docente coide que teñen os coñecementos equivalentes ó nivel do curso e asistisen, como mínimo, ó 75 por 100 das horas lectivas.

4.2. Cursos modulados.

Os alumnos que rematen con aproveitamento unha ou varias unidades de competencia dun curso, independentemente de que se programase a especialidade completa ou modularmente, recibirán un diploma oficial acreditativo desta circunstancia, que será elaborado pola Dirección Xeral de Formación e Colocación, no que constarán os mesmos datos que se recollen no punto 4.1 deste artigo.

5. Nos dous casos anteriores, os alumnos que non teñan dereito a diploma poderán recibir, se o solicitan, unha certificación polas horas e módulos ós que asistisen.

Artigo 7º.-Obrigas dos centros colaboradores.

Ademais das obrigas establecidas con carácter xeral para tódolos centros colaboradores no artigo 12 do Decreto 158/2001, do 29 de xuño, as entidades beneficiarias das axudas deberán:

1. Requirir de cada alumno, no momento da súa incorporación, a seguinte documentación, que deberá arquivarse separadamente por cada curso:

-Copia compulsada do DNI.

-Ficha individual.

-Documentación acreditativa de ter dereito á percepción das bolsas e axudas, se é o caso.

2. Remitir á delegación provincial correspondente.

a) Como mínimo cinco días antes do inicio do curso:

-As datas de inicio e remate e o horario de impartición.

-A planificación temporal dos módulos do curso.

-O enderezo completo do lugar de impartición.

-A relación dos docentes que van imparti-lo curso, así como a documentación acreditativa da súa formación e experiencia, cando esta non estea en poder da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, facendo consta-la súa formación metodolóxica.

-A identificación do persoal de dirección, seguimento e control da actividade docente.

b) O día de inicio de cada curso:

-Certificación xustificativa do seu comezo e, se é o caso, das modificacións producidas respecto dos datos sinalados no apartado anterior.

3. Remiti-lo resto da documentación necesaria para a impartición e xestión do curso no tempo e forma que se estableza na resolución do director xeral de Formación e Colocación.

4. Os datos da xestión do curso poderanse introducir en liña a través da aplicación informática que a Dirección Xeral de Formación e Colocación porá á disposición dos centros. Para que este proceso en liña poida realizarse, os centros colaboradores que non dispoñan dun acceso permanente á rede corporativa da Xunta de Galicia deberán dispoñer de saída a Internet a través dunha liña RDSI, ADSL ou outra de calidade equivalente ou superior.

Os centros colaboradores que utilicen o acceso vía Internet para a xestión do curso deberán ter unha impresora soportada polo sistema operativo instalado no correspondente servidor de terminais dos servicios centrais da Xunta de Galicia. Os centros porán á disposición da Dirección Xeral de Formación e Colocación o controlador para a citada impresora.

5. Enviar, á Dirección Xeral de Formación e Colocación ou á correspondente delegación provincial, segundo corresponda, de acordo cos prazos establecidos no artigo 5º.4 desta orde, a xustificación dos custos inherentes a el, a través da seguinte documentación, que deberá presentarse por cada curso selada e asinada:

-Solicitude de liquidación final.

-Relación de facturas.

-Orixinal ou fotocopia compulsada de tódalas facturas, nóminas e xustificantes de pagamento de tódolos gastos imputables ó curso.

-Certificación dos gastos por módulos.

-Declaración complementaria do conxunto de tódalas axudas solicitadas (aprobadas, concedidas ou pendentes de resolución), para a mesma acción formativa, das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

6. Cando se trate de entidades con ánimo de lucro, acreditar, con independencia da súa contía e antes de proceder ó cobramento das subvencións, que están ó día nas súas obrigas tributarias e sociais e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, agás que o beneficiario

xunte á solicitude a debida autorización, segundo o anexo V, para que a citada información sexa solicitada polo órgano xestor das axudas. Todo isto sen prexuízo das excepcións recollidas na Lei anual de orzamentos.

7. Expoñer no taboleiro de anuncios do centro o programa completo do curso temporizado por módulos, os dereitos e deberes dos alumnos e dos centros colaboradores, así como a relación dos docentes e o horario do curso. No anuncio farase referencia expresa ós organismos cofinanciadores do curso, e seguiranse os criterios de publicidade establecidos nos puntos 16 e 17 deste artigo.

8. Aboarlles mensualmente ós alumnos as axudas previstas no artigo 4º.3, así como ós profesores a súa remuneración. Non exime desta obriga o feito de que a entidade impartidora non percibise os anticipos previstos nesta orde.

9. Someterse ás actuacións de supervisión e control que, en calquera momento, poidan acorda-los servicios competentes da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, tanto no relativo ó desenvolvemento das accións formativas como á súa xestión e tramitación administrativa.

10. Contratar un seguro de accidentes para os alumnos, que cubra tanto os riscos que poidan ter durante o desenvolvemento do curso, como os do traxecto ó lugar de impartición das clases e das prácticas. A súa duración abranguerá estrictamente o período do curso, incluíndo expresamente as prácticas en empresas cando estas se realicen, sen que poida admitirse restricción nin exclusión ningunha por razón do medio de transporte utilizado.

11. Cando se realicen prácticas en empresas ou outras actividades relacionadas co curso, contratar unha póliza de responsabilidade civil para facer fronte ós riscos que poidan derivarse da súa realización para os bens e as persoas.

12. Comunicarlles ás delegacións provinciais da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais calquera circunstancia ou eventualidade que poida afectar substancialmente á execución dos cursos programados, no prazo de cinco días desde que se produza.

13. Solicitarlles ás delegacións provinciais, con cinco días de antelación, autorización para realizar calquera modificación no desenvolvemento dos cursos.

14. Acepta-las modificacións que, se é o caso, introduza o órgano encargado da resolución dos expedientes en relación cos termos de impartición sinalados na solicitude.

15. Facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas, polo Consello de Contas ou polo órgano competente da Unión Europea, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

16. Incluír en toda a documentación relativa ó curso o logotipo da Unión Europea (Fondo Social Europeo) e da Xunta de Galicia (Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais).

17. Informa-los alumnos do cofinanciamento dos cursos por parte da Xunta de Galicia (Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais) e da Unión Europea (Fondo Social Europeo), así como dos obxectivos destes fondos.

Artigo 8º.-Incumprimento de obrigas e reintegro.

Cando se produza incumprimento de calquera das obrigas previstas nesta orde ou se dea calquera dos supostos previstos no artigo 78 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, texto refundido aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, procederá o reintegro, total ou parcial, da axuda concedida, nos termos e coas condicións sinalados na citada lei.

Artigo 9º.-Seguimento e control dos cursos.

1. Para verifica-lo cumprimento do disposto nesta orde, a Dirección Xeral de Formación e Colocación e as delegacións provinciais aplicarán un sistema de seguimento e control, que consistirá na realización de visitas a tódolos cursos aprobados. Así mesmo, aplicarase o modelo de excelencia baseado no modelo europeo de calidade EFQM para centros de formación e a conseguinte avaliación mediante este sistema.

2. Cando nun curso se detecte a existencia de irregularidades ou deficiencias que non puideran ser emendadas no prazo concedido para o efecto polo delegado/a provincial correspondente, e que incidan negativamente na súa calidade docente, procederase á súa cancelación por resolución motivada do órgano competente para a súa concesión, coa obriga de reintegro da axuda concedida, nos termos e coas condicións establecidos no artigo 78 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Capítulo II

Das accións formativas

Artigo 10º.-Remate das accións.

O remate e xustificación dos cursos terán como data límite o 30 de novembro de 2004. Excepcionalmente, por causas xustificadas, e sempre logo de autorización do órgano competente, os cursos poderán rematar con posterioridade a esa data, en todo caso dentro do ano 2004.

Artigo 11º.-Beneficiarios dos cursos.

Tódolos cursos regulados nesta orde van dirixidos a desempregados inscritos no Servicio Público de Emprego en data anterior á súa incorporación ó curso.

Artigo 12º.-Selección de alumnos.

1. A selección dos alumnos asistentes ós cursos realizarase na forma que se estableza na resolución do director xeral de Formación e Colocación.

2. O número máximo de alumnos participantes en cada curso será de 15, e non poderá iniciarse a acción formativa se non se reúne un mínimo de 12. No suposto de que o curso se inicie con 12 ou máis alumnos e menos de 15, deberá completarse o dito número dentro do primeiro cuarto deste; no caso contrario, deduciranse

do cómputo da subvención os alumnos que falten para completalo, de conformidade co disposto no artigo 3º.4.

3. Se non se incorporan os alumnos seleccionados ou se producen baixas dentro do primeiro cuarto do curso, poderán substituírse por novos alumnos, sempre que estes teñan o nivel formativo correspondente ó módulo do curso ó que se incorporen. Neste caso, a persoa responsable da súa impartición deberá comprobar, mediante as probas e/ou a xustificación documental pertinente, o nivel do alumno.

4. Nos cursos en que, malia se intentar completa-lo número de alumnos, diminúa o número de participantes ata unha cantidade inferior ó 50 por 100 do número programado, agás que as baixas se produzan por colocación dos alumnos, poderán ser cancelados polo órgano competente da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. No caso de cancelación, a entidade terá dereito a unha indemnización, que será proposta pola comisión de valoración prevista no artigo 18º desta orde e aprobada pola conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais ou, se é o caso, polo respectivo delegado/a provincial por delegación da conselleira, calculada de acordo co principio de proporcionalidade.

Artigo 13º.-Especialidades formativas.

1. Os cursos serán de carácter presencial.

2. As especialidades formativas poderanse programar completas, ou por módulos no caso de especialidades incluídas polo Inem na programación modular, sempre que se complete unha ou varias unidades de competencia.

3. Con carácter xeral, tódalas especialidades formativas que se impartan dentro da programación do Plan FIP deberán estar incluídas no ficheiro de especialidades formativas do Instituto Nacional de Emprego (Inem) e comprenderán as especificacións técnico docentes e o contido formativo axeitado, de acordo co seu nivel e o grao de dificultade establecido.

4. Con carácter excepcional, a Dirección Xeral de Formación e Colocación poderá autoriza-la impartición de especialidades formativas que non estean incluídas no ficheiro sinalado no punto anterior, como proxectos experimentais ou innovadores, sempre que as entidades que os promovan lle xunten á solicitude a seguinte documentación:

a) Informe motivado das necesidades de formación nesa especialidade en relación co mercado de traballo.

b) Descrición do programa formativo segundo a estructura dun curso normalizado de formación profesional ocupacional.

c) Valoración estimada do custo da formación de acordo co sistema de cálculo establecido pola Dirección Xeral de Formación e Colocación.

5. O programa que se impartirá en cada curso será o previamente incluído no ficheiro de especialidades formativas do Inem, salvo nos proxectos formativos con compromiso de contratación cando sexa expresamente autorizado, e nas accións formativas experimentais e innovadoras previstas no punto 4 deste artigo.

Artigo 14º.-Módulo sensibilización ambiental.

1. En tódolos cursos programados ó abeiro desta orde, agás nos proxectos formativos con compromiso de contratación, incluirase, con carácter obrigatorio tanto para as entidades impartidoras como para os alumnos, o módulo sensibilización ambiental, que ten unha duración de nove horas lectivas.

2. A súa valoración económica calcularase sobre os módulos económicos vixentes para o correspondente curso ocupacional.

3. Os materiais didácticos necesarios para a súa impartición serán facilitados ás entidades impartidoras pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, e a súa impartición poderá ser feito polos docentes dos cursos ocupacionais.

4. O programa que se impartirá será o da especialidade de formación complementaria Sensibilización ambiental (FCAM02), incluída no ficheiro de especialidades formativas do Inem.

5. No caso de especialidades moduladas, cando un alumno acredite que asistiu anteriormente a este módulo ó realizar unha unidade de competencia da mesma especialidade, quedará exento da súa realización cando curse o resto das unidades de competencia que compoñen a especialidade.

Artigo 15º.-Prácticas en empresas.

1. As entidades impartidoras poderán promove-la realización de prácticas por parte dos seus alumnos, a maiores das horas lectivas do curso, en empresas coas que se asinasen os oportunos convenios de colaboración ou en entidades públicas coas que se asinasen convenios para este fin, ou que acrediten a correspondente autorización para a súa realización por parte do órgano competente da Administración.

2. No convenio que se asine para a súa realización deberán figurar, como mínimo, o contido das prácticas, a empresa na que se realizarán, a súa duración, alumnos que as realizarán e número de horas por alumno, existencia dun seguro de accidentes para os alumnos, e dunha póliza de responsabilidade civil. Nas pólizas de seguros e de responsabilidade civil deberá constar unha referencia expresa ás prácticas en empresas.

3. Os convenios para a realización das prácticas en empresas relativas ós cursos de carácter provincial serán asinados polos respectivos delegados provinciais, por delegación da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. O resto dos convenios serán asinados pola conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

4. As prácticas que realicen os alumnos de formación profesional ocupacional non suporán en ningún caso a existencia de relación laboral entre os alumnos e as empresas ou organismos da Administración

5. As empresas poderán recibir unha compensación económica por alumno e día de práctica que se fixará nas normas que dicte a Dirección Xeral de Formación e Colocación en desenvolvemento desta orde.

6. As prácticas poderán ter lugar ben simultaneamente á realización do curso, ou unha vez finalizado este,

sempre que non transcorran máis de 30 días desde a súa finalización. En ningún caso a duración das prácticas poderá ser superior á do curso de referencia.

Capítulo III

Da convocatoria pública

Artigo 16º.-Solicitudes.

1. As entidades incluídas no artigo 2º, que desexen colaborar na impartición das accións formativas correspondentes ó Plan FIP, deberán formaliza-la correspondente solicitude no modelo normalizado que se publica como anexo I a esta orde e que se subministrará nas delegacións provinciais da consellería, na Dirección Xeral de Formación e Colocación ou en calquera das oficinas administrativas de información ó cidadán, subscrita polo titular ou representante legal da entidade e deberá ir acompañada da seguinte documentación:

a) Documentación acreditativa da representatividade suficiente para asina-la solicitude.

b) Copia compulsada do CIF ou NIF da entidade.

c) Unha ficha por cada un dos cursos solicitados no modelo normalizado, segundo o anexo II.

d) Declaración de conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas para a mesma acción formativa das distintas administracións públicas competentes.

e) Cando as especialidades formativas solicitadas non estean incluídas no ficheiro de especialidades formativas, as entidades deberán achega-lo programa completo do curso temporizado por módulos e unha relación detallada de dotacións e equipamentos, medios materiais que se van utilizar no seu desenvolvemento e unha descrición das aulas e talleres indicando metros cadrados, condicións de luminosidade, de seguridade, etc., xuntando planos.

2. As solicitudes presentaranse nas delegacións provinciais da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais que correspondan ó domicilio do solicitante ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 17º.-Prazo.

1. O prazo para a presentación das solicitudes será de corenta días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación desta orde.

2. No suposto de que a solicitude non cumpra os requisitos sinalados na convocatoria ou a documentación presentada conteña erros ou sexa insuficiente, requirirase o solicitante para que, nun prazo de 10 días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, se considerará desistido da súa solicitude, logo de resolución que así o declare.

Artigo 18º.-Procedemento.

1. O procedemento que se seguirá na tramitación e instrucción dos expedientes será o establecido no Decreto 287/2000, do 21 de decembro, coas concrecións que se establecen nos parágrafos seguintes.

2. Unha vez realizados os trámites sinalados no punto 1º do artigo 6 do antedito decreto, a tramitación será a seguinte:

No ámbito provincial, os expedientes remitiránselle á comisión de valoración para o seu informe, proposta de resolución e posterior elevación ante o delegado/a provincial.

Nos expedientes de resolución centralizada, o director xeral de Formación e Colocación, tendo en conta o informe da comisión de valoración, elevará proposta de resolución ante o órgano competente para resolver.

3. Para os efectos do previsto neste artigo, a comisión de valoración estará composta polos seguintes membros:

a) Nas delegacións provinciais, polo secretario provincial, que a presidirá, e serán vocais o xefe do Servicio de Formación e Colocación, que actuará como secretario, e un membro do persoal do Servicio de Formación e Colocación designado polo delegado provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

b) Nos servicios centrais, polo subdirector xeral de Formación Ocupacional, que a presidirá, e serán vocais os xefes dos servicios de Xestión Administrativa e de Planificación de Formación Ocupacional; este último actuará como secretario.

c) Se, por calquera causa, no momento no que as comisións de valoración teñan que examina-las solicitudes algún dos seus compoñentes non puidese asistir, será substituído pola persoa que para o efecto designe o respectivo delegado/a provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais ou o director xeral de Formación e Colocación, segundo proceda.

4. A comisión de valoración, para avalia-las solicitudes, terá en conta os seguintes criterios:

a) A existencia dun compromiso de contratar alumnos que realicen o curso por parte das entidades previstas no artigo 2º.1 a) e b).

b) A impartición de accións formativas en exercicios anteriores cun grao de cumprimento, de calidade da formación impartida e de inserción laboral de alumnos satisfactorio.

c) O número de desempregados e a adecuación ás necesidades de formación detectadas no territorio para o que se soliciten os cursos.

d) A inclusión dunha fase de prácticas en empresas, axeitadas ós coñecementos impartidos, promovendo para o efecto o oportuno acordo entre Administración e empresa ou organización empresarial.

e) A realización acreditada de actuacións previas tendentes a detecta-las necesidades de formación nas especialidades a impartir entre as empresas do sector, co fin de acada-la promoción ou inserción laboral dos alumnos no mercado de traballo.

f) A existencia doutros recursos formativos na zona, de acordo co mapa integrado de recursos de formación profesional en Galicia, editado pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

g) A impartición de especialidades que se axusten ós certificados de profesionalidade e/ou se refiran a novas actividades profesionais ou viveiros de emprego.

h) A prioridade da especialidade na área funcional para a que se solicita o curso, segundo a análise do Observatorio Ocupacional da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Artigo 19º.-Resolución.

1. A resolución dos expedientes de axudas, logo do informe da comisión de valoración, do Consello Galego de Formación Profesional ou dos comités provinciais de emprego e seguimento da contratación laboral, segundo proceda, do cumprimento do trámite de audiencia cando proceda, e fiscalizada a proposta pola respectiva intervención, corresponderalle á conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, cando se trate de entidades con centros homologados en máis dunha provincia, ou, no ámbito provincial, ós respectivos delegados provinciais por delegación da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. As resolucións deberanlles ser notificadas ós interesados.

2. A resolución dos expedientes deberá producirse no prazo de nove meses contados desde o día seguinte ó da publicación desta orde. Transcorrido o citado prazo sen que recaese resolución expresa, esta entenderase desestimatoria.

3. As resolucións dictadas poñen fin á vía administrativa, e contra elas poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición ante o órgano que dictou o acto, no prazo dun mes desde a súa notificación, de acordo co disposto no artigo 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Capítulo IV

Dos proxectos formativos con compromiso de contratación

Artigo 20º.-Proxectos formativos con compromiso de contratación.

A impartición dos proxectos formativos con compromiso de contratación previstos no artigo 2.1º c) regularase polo establecido nesta orde e na súa normativa de desenvolvemento, tendo en conta as peculiaridades recollidas nos artigos seguintes.

Artigo 21º.-Requisitos.

1. As entidades solicitantes deberán comprometerse a contratar polo menos o 60 por cento dos alumnos que inicien o curso, por un período mínimo inicial de seis meses a xornada completa, ou tempo equivalente no caso de que a contratación non sexa a xornada completa. Neste último caso non se admitirán contratos inferiores ás catro horas diarias.

2. Só poderán acudir a este procedemento aquelas empresas que non reducisen o número total de traballadores, nin o número total de traballadores con contrato indefinido nos 12 meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude do curso, agás que se trate de empresas que tiveran un expediente de regulación de emprego nese período. Así mesmo deberán xustificar que non reduciron o número de traballadores con contrato indefinido nin o número total de traballadores da empresa durante a realización do curso.

3. A maiores da acreditación dos requisitos formais esixidos para o compromiso de contratación nesta orde e no resto da normativa aplicable, o órgano competente da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais poderá face-las indagacións e comprobacións necesarias e solicitar da entidade solicitante ou dos organismos públicos competentes a documentación que considere axeitada para garanti-la viabilidade do proxecto formativo: grao de cumprimento de contratación e mantemento do emprego en proxectos formativos impartidos anteriormente, se é o caso; balances da empresa; documentación de Seguridade Social, etc. Esta documentación e informes, xunto co resto da documentación esixida, servirán para valora-la concesión do proxecto formativo á entidade solicitante.

Artigo 22º.-Lugar de impartición.

No caso de que a entidade careza de instalacións axeitadas para a impartición do proxecto formativo, poderá autorizarse a súa impartición nas instalacións dun centro inscrito no censo de centros colaboradores de formación profesional ocupacional, ou en calquera outro centro, que deberá homologarse previamente con carácter provisional, de acordo cos requisitos e tramitación regulados no Decreto 158/2001, do 29 de xuño. A posesión da licencia municipal de apertura da actividade de que se trate deberá acreditarse tanto nos locais onde se imparta a parte teórica como a práctica.

Artigo 23º.-Obrigas.

A acreditación de estar ó día nas súas obrigas tributarias e sociais e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia deberá ser feita por tódalas empresas que participen no proxecto. Así mesmo, as empresas vinculadas a unha mesma dirección deberán achega-la documentación relativa ás súas diferentes razóns sociais.

Artigo 24º.-Pagamento.

1. Para o aboamento de anticipos ata o 50% da subvención concedida, as entidades impartidoras deberán achegar, en todo caso, xunto co resto da documentación esixida, garantía a favor da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais (Xunta de Galicia), nos termos e condicións sinalados no artigo 17 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Poderán aboarse pagamentos parciais á conta da liquidación definitiva a medida que o beneficiario xustifique os libramentos anteriores, que nunca serán superiores ó 80% da subvención concedida.

Artigo 25º.-Contratos de traballo.

1. As empresas terán como prazo límite para a presentación dos contratos ós que se comprometeron no momento da presentación do proxecto formativo ata o 28 de febreiro de 2005; unha vez transcorrido este prazo sen que a empresa presentase os contratos, darase por non cumprido o compromiso. Por causas excepcionais, logo de petición motivada da entidade, este prazo poderá ser ampliado polo director xeral de Formación e Colocación.

2. Non se aboará a liquidación final en tanto a empresa non remita as copias dos contratos de traballo rexistrados que supoñan unha relación indefinida ou temporal de

seis meses como mínimo, e acredite que se mantén a ratio desde a data da solicitude entre traballadores con contrato indefinido e sen contrato indefinido.

3. Se algún traballador contratado a través do proxecto formativo causa baixa antes dos seis primeiros meses de contrato, a entidade terá a obriga de lle comunicar esta circunstancia á Dirección Xeral de Formación e Colocación no prazo de sete días desde que se produza. No comunicado deberá incluírse toda a documentación acreditativa relativa á baixa producida.

Artigo 26º.-Remate dos proxectos formativos.

A data límite para a finalización e xustificación dos cursos será o 30 de novembro de 2004. Excepcionalmente, por causas xustificadas, e sempre logo de autorización do órgano competente, os proxectos formativos poderán rematar con posterioridade a esa data, en todo caso dentro do ano 2004.

Artigo 27º.-Solicitudes.

1. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 15 de novembro de 2004.

2. A maiores da documentación esixida para o resto das accións formativas, as entidades solicitantes de proxectos formativos deberán achegar compromiso de contratación asumido pola/as empresa/as que vaian contrata-los alumnos, así como o anexo III debidamente cuberto e asinado polo representante legal da empresa.

Artigo 28º.-Número de alumnos.

O número de alumnos participantes nos cursos poderá variar entre un mínimo de 10 e un máximo de 20.

Artigo 29º.-Resolución.

A resolución, que lle corresponderá dictar, en todo caso, á conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, deberá producirse no prazo de nove meses desde que a solicitude do interesado teña entrada no rexistro correspondente. Transcorrido o citado prazo sen que se dictase resolución expresa, esta entenderase desestimatoria.

Disposicións adicionais

Primeira.-A realización das accións de formación previstas nesta orde e a conseguinte concesión de subvencións estará supeditada á existencia de crédito suficiente nos programas 16.05.241A.471.0 e 16.05.241A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2004. A forma de pagamento prevista nos artigos 5º e 24º desta orde estará condicionada á autorización do Consello da Xunta de Galicia.

Segunda.-Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Terceira.-Poderán dictarse resolucións complementarias cando existan fondos provenientes de renuncias de subvencións inicialmente concedidas, de incrementos das cantidades asignadas á Comunidade Autónoma pola Administración do Estado, ou doutros remanentes dos

módulos. Neste caso, agás que se acuda a unha convocatoria complementaria, non poderán terse en conta outras solicitudes nin outras homologacións distintas ás tidas en conta para a resolución inicial.

Cuarta.-Poderán financiarse con cargo ás axudas e subvencións reguladas nesta orde os proxectos formativos con compromiso de contratación previstos no artigo 2º.1 c), aínda que as accións formativas se inicien, por razóns excepcionais debidamente acreditadas e xustificadas pola entidade solicitante, antes de que se dicte a correspondente resolución de concesión, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

a) Que a solicitude fose presentada con anterioridade ó inicio das accións.

b) Que as accións formativas se inicien e rematen dentro do ano 2004.

c) Que se cumpran tódolos requisitos formais e de procedemento, aínda que sexa a posteriori, previstos nesta orde.

d) Que a entidade solicite autorización de inicio á Dirección Xeral de Formación e Colocación, expoñendo as razóns excepcionais polas que pretenden comezar anticipadamente. No caso de autorización, a empresa deberá comunica-lo inicio do proxecto formativo á delegación provincial correspondente con cinco días de antelación ó seu comezo.

Quinta.-Apróbase a delegación de atribucións da conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais no director xeral de Formación e Colocación para a autorización, disposición, recoñecemento da obriga e proposta de pagamento das subvencións reguladas nesta orde, e nos delegados/as provinciais da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, no ámbito das súas respectivas competencias, para resolve-la concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das subvencións reguladas nesta orde, así como para asina-los convenios que se subscriban para a realización das prácticas en empresas relativas ós cursos de carácter provincial.

Sexta.-En todo o non disposto nesta orde será de aplicación o Real decreto 631/1993, do 3 de maio, polo que se regula o Plan FIP, así como a súa normativa de desenvolvemento, e, se é o caso, o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e o Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o director xeral de Formación e Colocación para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instruccións necesarias para o desenvolvemento e execución desta disposición.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2003.

Mª José Cimadevila Cea

Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego

e Relacións Laborais

ANEXO IV

Subvencións de cursos do Plan Nacional

de Formación e Inserción Profesional,

na modalidade presencial

Os módulos de subvención para a modalidade de formación presencial, segundo as definicións de niveis e graos de dificultade de cada curso, expresados en euros/hora alumno, son:

-Módulo A.

NiveisGraos de dificultade

BaixoNormalAlto

Básico0,881,151,44

Medio1,151,571,99

Superior1,712,272,84

Alto2,272,843,39

Na aplicación das contías do módulo A terase presente que a subvención máxima para gastos de profesorado será a considerada para 15 alumnos. Estas contías inclúen a cota empresarial de Seguridade Social.

-Módulo B.

A cuantificación económica deste módulo concrétase nos 12 parámetros que se relacionan a continuación:

NúmeroParámetroEuros

1Baixo-baixoBB0,72

2Baixo-medioBM0,98

3Baixo-altoBA1,11

4Normal-baixoNB1,29

5Normal-medioNM1,45

6Normal-altoNA1,61

7Superior-baixoSB1,68

8Superior-medioSM1,91

9Superior-altoSA2,05

10Alto-baixoAB2,20

11Alto-medioAM2,34

12Alto-altoAA2,49

A asignación dos módulos ás especialidades, tanto no módulo A como no módulo B, será efectuada polo Instituto Nacional de Emprego.

O importe dos módulos A e B poderá incrementarse nun 20% para aquelas especialidades que estean cualificadas como experimentais, no ficheiro de especialidades formativas do Instituto Nacional de Emprego, e se determinen especificamente.