Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 02 de decembro de 2003 Páx. 14.816

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE PÚBLICA DE INVESTIMENTOS DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO de demanda de financiamento.

A demanda de financiamento axústase ós seguintes termos:

Modalidade: préstamo.

Importe: ata 6.000.000 de euros.

Moeda: euros.

Modalidades:

Opción A: tipo de xuro variable referenciado a euribor a 3 meses.

Prazo: 10 anos (incluída carencia).

Carencia: 2 anos.

Opción B: tipo de xuro fixo referenciado ó tipo de oferta do IRS a 6 anos.

Prazo: 10 anos (incluída carencia).

Carencia: 2 anos.

(Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. resérvase, en función dos importes ofertados, o dereito a optar por calquera das opcións ou ben calquera das combinacións entre elas).

Garantías: as que se deriven do convenio marco asinado ente a Xunta de Galicia e Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. O contrato que se asine, poderá incluír dentro das causas de vencemento anticipado a modificación substancial do accionariado de Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.

Presentación de ofertas:

As ofertas dirixiranse en sobre pechado á atención do presidente de Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A., praza de Europa, 10 A, 5º, 15703 Santiago de Compostela, facendo constar nel, na marxe superior esquerdo o seguinte: «Oferta préstamo decembro 2003».

Prazo de presentación de ofertas:

As ofertas deberán presentarse antes das 14.00 horas do día 5 de decembro de 2003 no rexistro de Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.

O/os mandato/s serán outorgado/s no prazo máximo de 10 días, contados desde a finalización do período de presentación de ofertas.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2003.

Juan José Novoa Montero

Presidente de Sociedade Pública de Investimentos

de Galicia, S.A.