Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 02 de decembro de 2003 Páx. 14.814

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

Obxecto: servicios de seguridade e vixilancia do edificio pazo provincial Teatro-Colón.

Orzamento: 209.464 A, IVE incluído.

Prazo de execución: 1 de xaneiro de 2004 ó 31 de decembro de 2005, prorrogable nas condicións establecidas na cláusula 6 do prego de condicións.

Garantías:

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Clasificación:

-Nova clasificación do Regulamento xeral da Lei de contratos, Decreto 1098/2001: grupo M, subgrupo 2, categoría B.

-Equivalencia anterior clasificación (disposición transitoria única, Regulamento da Lei de contratos): grupo III, subgrupo 2, categoría B.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Anuncio extenso: BOP.

Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación ata as 13.00 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 24 de novembro de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña