Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 02 de decembro de 2003 Páx. 14.812

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOQUES

ANUNCIO.

Exposición pública do prego de cláusulas económico-administrativas e técnicas para a contratación por concurso do servicio de recollida de lixo.

Aprobados polo Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 4 de novembro de 2003, os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas para a contratación por concurso do servicio de recollida de lixo, expóñense ó público por prazo de oito días.

Simultaneamente, anúnciase concurso con procedemento aberto para a contratación do servicio de recollida de lixo, podendo apraza-la poxa no suposto de que se presenten reclamacións contra os pregos:

1. Entidade adxudicadora: Concello de Toques.

2. Obxecto: a prestación do servicio de recollida de lixo no Concello de Toques.

3. Forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación: 26.000 euros.

5. Pagamento: como se establece na base 4ª do prego de condicións.

6. Garantías:

Provisional: dous por cento do importe de licitación.

Definitiva: catro por cento do importe de adxudicación.

7. Presentación de proposicións: no rexistro xeral do concello, durante o prazo de 15 días naturais, que empezarán a contar desde a última publicación no BOP ou DOG en horario das 9.00 ás 13.00 horas.

8. Apertura de proposicións económicas:

O quinto día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas, ás 12.00 horas.

Se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Documentación: a establecida na base 11ª dos pregos de condicións.

Toques, 5 de novembro de 2003.

Jesús Ares Vázquez

Alcalde