Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 02 de decembro de 2003 Páx. 14.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de modificación puntual do catálogo de edificacións e elementos para conservar da cidade e rural do Concello de Pontevedra, na súa ficha número 30, edificio situado na rúa Xeneral Martitegui, número 4.

A Comisión de Goberno, en sesión de vinte de outubro de dous mil tres, prestou aprobación con carácter inicial, ó proxecto de modificación puntual do catálogo de edificacións e elementos para conservar do termo municipal (cidade e rural) formulado por este concello e redactado polo arquitecto xefe da Oficina Técnica de Planeamento e Xestión Urbanística en abril de 2003, referido á ficha nº 30, edificio situado na rúa Xeneral Martitegui, nº 4, rebaixando o nivel de protección da categoría Ambiental A a Ambiental B, coa determinación concreta de restaura-los balaústres dos balcóns, así como a porta de entrada do edificio, dispoñéndose o sometemento á información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar no Servicio de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico deste concello (rúa Churruchaos, nº 2 desta cidade) a documentación inicialmente aprobada e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 10 de novembro de 2003.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral