Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 02 de decembro de 2003 Páx. 14.808

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública os estudios de impacto ambiental para as selaxes dos vertedoiros de RSU do Vicedo, A Fonsagrada e Becerreá (Lugo), promovidos pola Subdirección Xeral de Calidade Ambiental e os concellos do Vicedo, A Fonsagrada e Becerreá, respectivamente.

En cumprimento do disposto no artigo 5, punto 2º, do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro), o órgano ambiental someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude

RESOLVO:

1. Someter a información pública os estudios de impacto ambiental para a selaxe dos vertedoiros de R.S.U. do Vicedo, A Fonsagrada e Becerreá.

2. Para os devanditos efectos informativos, poranse ó dispor dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Lugo.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte día ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2003.

José Manuel Álvarez-Campana Gallo

Director xeral de Calidade e Avaliacion Ambiental