Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 02 de decembro de 2003 Páx. 14.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 30 de outubro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/338).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. Alcalde Lorenzo (fase II). (Mahía inmobiliaria).

Situación: Ames.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 122 m de lonxitude, coa orixe na cela do C.T. Ameneiral nº 2, e que, despois de entrar e saír do C.T. en edificio en travesía perpendicular á r/ Alcalde Lorenzo que se instala, se conecta á liña que alimenta o C.T. en r/ Alcalde Lorenzo nº 17.

Centro de transformación no baixo de edificio de vivendas, de 630 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en travesía a r/ Alcalde Lorenzo. Concello de Ames.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 30 de outubro de 2003.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións