Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 01 de decembro de 2003 Páx. 14.760

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/494-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento saídas M.T. Troncal-travesía de Vigo.

Situación: concello de Vigo.

Descricións técnicas: ret. liña TRO 7.14 Burgos, a 15 kV con conductor tipo R.H.V. de 275 m de lonxitude, con orixe no entroncamento coa liña actual TRO 7.14 á altura do inicio do ovoide existente e remate no entroncamento coa liña actual TRO 7.14 á altura da arqueta existente no cruzamento da rúa Aragón coa Travesía de Vigo.

Ret. liña TRO 7.15 O Calvario, a 15 kV con conductor tipo R.H.V. de 275 m de lonxitude, con orixe no entroncamento coa liña actual TRO 7.15 á altura do inicio do ovoide existente e remate no entroncamento coa liña actual TRO 7.15 na arqueta existente no cruzamento da rúa Aragón coa Travesía de Vigo.

Ret. liña TRO 7.07 vía norte, a 15 kV con conductor tipo R.H.V. de 515 m de lonxitude, con orixe no entroncamento coa liña actual TRO 7.07 á altura

do inicio do ovoide existente e remate no entroncamento coa liña actual TRO 7.07 á altura do nº 180 da rúa Travesía de Vigo.

Ret. liña TRO 7.13 Policarpo Sanz, a 15 kV con conductor tipo R.H.V. de 515 m de lonxitude, con orixe no entroncamento coa liña actual TRO 7.13 á altura do inicio do ovoide existente e remate no entroncamento coa liña actual TRO 7.13 á altura do nº 180 da rúa Travesía de Vigo.

Ret. liña TRO 7.11 Marqués de Valladares, a 15 kV con conductor tipo R.H.V. de 515 m de lonxitude, con orixe no entroncamento coa liña actual TRO 7.11 á altura do inicio do ovoide existente e remate no entroncamento coa liña actual TRO 7.11 á altura do nº 180 da rúa Travesía de Vigo.

Ret. liña TRO 7.09 Corte Inglés, a 15 kV con conductor tipo R.H.V. de 515 m de lonxitude, con orixe no entroncamento coa liña actual TRO 7.09 á altura do inicio do ovoide existente e remate no entroncamento coa liña actual TRO 7.09 á altura do nº 180 da rúa Travesía de Vigo.

Ret. liña TRO 7.02 Cervantes, a 15 kV con conductor tipo R.H.V. de 515 m de lonxitude, con orixe no entroncamento coa liña actual TRO 7.02 á altura do inicio do ovoide existente e remate no entroncamento coa liña actual TRO 7.02 á altura do nº 180 da rúa Travesía de Vigo.

Ret. liña TRO 7.06 Os Choróns, a 15 kV con conductor tipo R.H.V. de 515 m de lonxitude, con orixe no entroncamento coa liña actual TRO 7.06 á altura do inicio do ovoide existente e remate no entroncamento coa liña actual TRO 7.06 á altura do nº 180 da rúa Travesía de Vigo.

Ret. liña TRO 7.05 Pizarro, a 15 kV con conductor tipo R.H.V. de 515 m de lonxitude, con orixe no entroncamento coa liña actual TRO 7.05 á altura do inicio do ovoide existente e remate no entroncamento coa liña actual TRO 7.05 á altura do nº 180 da rúa Travesía de Vigo.

Ret. liña TRO 7.10 Banco Hispano, a 15 kV con conductor tipo R.H.V. de 515 m de lonxitude, con orixe no entroncamento coa liña actual TRO 7.10 á altura do inicio do ovoide existente e remate no entroncamento coa liña actual TRO 7.10 á altura do nº 180 da rúa Travesía de Vigo.

Ret. liña TRO 7.04 Gran Vía-Hispanidad, a 15 kV con conductor tipo R.H.V. de 515 m de lonxitude, con orixe no entroncamento coa liña actual TRO 7.04 á altura do inicio do ovoide existente e remate no entroncamento coa liña actual TRO 7.04 á altura do nº 180 da rúa Travesía de Vigo.

Ret. liña TRO 7.12 Vista Alegre-Areal, a 15 kV con conductor tipo R.H.V. de 415 m de lonxitude, con orixe no entroncamento coa liña actual TRO 7.12 á altura do remate do ovoide existente e remate no entroncamento coa liña actual TRO 7.12 á altura do nº 180 da rúa Travesía de Vigo.

Ret. liña TRO 7.08 Bellavista (rúa Coutadas), a 15 kV con conductor tipo R.H.V. de 46 m de lonxitude, con orixe no entroncamento coa liña actual TRO 7.08 á altura do nº 116 da rúa Coutadas e remate no entroncamento coa liña actual TRO 7.08 á altura do nº 112 da rúa Coutadas.

Ret. liña TRO 7.17 Guixar (rúa Coutadas), a 15 kV con conductor tipo R.H.V. de 46 m de lonxitude, con orixe no entroncamento coa liña actual TRO 7.17 á altura do nº 116 da rúa Coutadas e remate no entroncamento coa liña actual TRO 7.17 á altura do nº 112 da rúa Coutadas.

Ret. liña TRO 7.19 Vista Alegre (rúa Coutadas), a 15 kV con conductor tipo R.H.V. de 46 m de lonxitude, con orixe no entroncamento coa liña actual TRO 7.19 á altura do nº 116 da rúa Coutadas e remate no entroncamento coa liña actual TRO 7.19 á altura do nº 112 da rúa Coutadas.

Ret. liña de B.T. na rúa Travesía de Vigo de 40 m de lonxitude con conductor tipo R.V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 16 de outubro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra