Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T.S. subestación Balaídos-C.D. Martín Echegaray.
Situación: concello de Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV con conductor tipo R.H.V. de 1.350 m de lonxitude, con orixe na subestación Balaídos e remate no enlace coa liña BAL 7.16, á altura do C.D. Martín Echegaray, para alimentación á urbanización Pau de Navia de Vigo.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Pontevedra, 10 de outubro de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra