Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 28 de novembro de 2003 Páx. 14.736

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061

ANUNCIO de contratación.

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 fai solicitude pública de ofertas para os seguintes expedientes de contratación:

Arrendamento e mantemento de equipamento informático (expediente 041/2003).

Subministración sucesiva de consumibles informáticos (expediente 042/2003).

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, sitas no Hospital Psiquiátrico de Conxo, praza Martín Herrera, nº 2-2ª planta, 15706 Santiago de Compostela, das 12.00 ás 14.00 horas, ata o 18 de decembro de 2003 (incluído).

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas de Urxencias Sanitarias 061 de Galicia, de 12.00 a 14.00 horas, ou a través da Internet, no seguinte enderezo: www.sergas.es, ata o 18 de decembro de 2003 (incluído). No caso de precisar máis información poden chamar ó teléfono 981 54 64 31.

Apertura de sobres: os sobres nº 2 (referencias técnicas) e nº 3 (proposición económica) abriranse o día 29 de decembro; expediente 040/2003 a partir das 9.00 horas e expediente 041/2003 a partir das 11.00 horas.

Gastos de anuncios: serán a cargo dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2003.

Blanca García Varela

Directora da Fundación Pública Urxencias

Sanitarias de Galicia-061