Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 28 de novembro de 2003 Páx. 14.729

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente, para a realización da campaña As Portas de Compostela. (Expediente 105/2003).

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: realización da campaña As Portas de Compostela.

b) Prazo de execución ou data límite de entrega: ata o 31 de decembro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación: cento setenta e catro mil euros (174.000 A, IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe

6. Obtención de documentación e información: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Edificio administrativo San Lázaro s/n Santiago de Compostela. Tfno.: 981 54 56 50/54 01 03, Fax: 981 54 69 69. www.xunta.es/contratacion

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo U, subgrupo 4 ou 7, categoría D ou grupo III, subgrupo 8, categoría D.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Ver punto 6.

9. Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas da consellería situada no enderezo indicado no punto 6, ás 9.30 horas do quinto día natural, contado desde o día seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos dos anuncios: 9,56 euros por liña publicada no DOG.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2003.

Mª Jesús Yebra Biurrun

Secretaria xeral da Consellería de Asuntos Sociais,

Emprego e Relacións Laborais