Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 28 de novembro de 2003 Páx. 14.720

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

CÉDULA do 29 de outubro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se lles notifica a diversos interesados a aprobación do acordo da concentración parcelaria da zona de Riotorto-Bardaio, Cores (Ponteceso).

De conformidade co disposto no artigo 59.2º e 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de setembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas da relación adxunta que a Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias acordou o día 24 de xullo de 2003 a aprobación do acordo da concentración de Riotorto-Bardaio, Cores (Ponteceso), que está exposto ó público no Concello de Ponteceso e nos lugares de costume, de conformidade co disposto nos artigos 36 e 40 da Lei 10/1985, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos

No referido acordo figura a correspondente ficha de atribucións cos predios de substitución.

Para o caso de que se tivesen formuladas alegacións en relación co proxecto, o resultado destas sería o que deriva das fichas de atribucións.

Contra o devandito acordo, que non é definitivo na vía administrativa, os interesados da relación adxunta poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural no prazo de 30 días naturais contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 29 de outubro de 2003.

Jesús Collar Urquijo

Delegado provincial da Coruña

Nº prop.Nome

0005Anido Pérez, Rafael

0006Añón Castro, Consuelo

0008Lema Veres, Herminia

0008Lema Veres, Teresa

0010Blanco Romero, Consuelo

0019Martínez Chouciño, Jaime

0019Martínez Chouciño, María Consuelo

0020Cotelo Vázquez, Herminia

0021Cotelo Vázquez, Mª Josefa

0023Cousillas Veiga, Carmen

0035García García, Agustín

0037García García, José

0045García Rivera, Wenceslao

0054Lamas García, Pura

0059López Miraz, José Abilio

0072Pose Suárez, José Luis

0073Puñal Blanco, María Teresa

0078Souto Castro, Agustín

0078Souto Castro, Dolores

0078Souto Castro, Elvira

0091Veres Antelo, Ezequiel

0094Vila Calvo, Dolores

0097Tasende Villar, Zaira

0109Lema Anido, María Victoria

0111Vila Castro, Antonio