Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 27 de novembro de 2003 Páx. 14.640

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

No BOP de Lugo nº 251, correspondente ó día 31 de outubro de 2003, publícanse integramente as bases da convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de garda da policía local, grupo D, do cadro de persoal funcionario deste concello, que se realizará polo sistema de oposición libre.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, publicaranse unicamente no BOP de Lugo e no taboleiro de anuncios do concello.

Sarria, 31 de outubro de 2003.

José Antonio García López

Alcalde