Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 27 de novembro de 2003 Páx. 14.599

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2003 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de economía aplicada, do departamento de Economía Aplicada I, a Ramón José Núñez Gamallo (praza 211/2001).

Visto o acordo da comisión de reclamacións do claustro universitario desta universidade, adoptado na súa reunión do 3 de novembro de 2003, polo que se ratifica a proposta formulada pola comisión encargada de xulga-lo concurso convocado por Resolución do 13 de novembro de 2001 (BOE do 27 de novembro), para a provisión da praza número 01/211 de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de economía aplicada, do departamento de Economía Aplicada desta universidde, a favor de Ramón José Núñez Gamallo, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, resolveu nomear a Ramón José Núñez Gamallo profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de economía aplicada, do departamento de Economía Aplicada desta universidade.

A Coruña, 10 de novembro de 2003.

P.D. (Resolución 26-9-2003)

Eliseo Alfonso Barca Lozano

Rector da Universidade da Coruña en funcións