Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 27 de novembro de 2003 Páx. 14.598

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2003, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncia a discordancia na data da publicación da Resolución do 3 de novembro de 2003 pola que se convoca concurso de traslado para prazas vacantes e de nova creación de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza, entre o Diario Oficial de Galicia e o Boletín Oficial del Estado.

No Diario Oficial de Galicia do 25 de novembro de 2003, publícase a Resolución do 3 de novembro de 2003, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca concurso de traslado para prazas vacantes e de nova creación de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza (DOG nº 229, do 25 de novembro, páxs. 14.521 e seguintes); así mesmo, a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado non se produciu na mesma data, estando previsto que se publique o vindeiro día 2 de decembro,

Conforme coa base cuarta da devandita resolución, as instancias para participar neste concurso deberán de presentarse «no prazo de 10 días naturais seguintes ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ou contados a partir do día seguinte á súa publicación no Boletín Oficial del Estado, no caso de que non se faga simultaneamente», como neste caso.

Tamén, segundo a base novena, punto 7 da referida resolución disponse: «...se non se lograse a simultaneidade de publicación da resolución co Diario Oficial de Galicia, os prazos comezarán desde o día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado».

Por todo o anteriormente exposto, coa presente resolución quérese subliña-la devandita discordancia nas datas de publicación, e que os prazos contarán a partir da publicación da resolución no Boletín Oficial del Estado (prevista para o vindeiro 2 de decembro).

Así mesmo, por esta resolución anúnciase que o número de orde de convocatoria das prazas que se desexen pedir a resultas (a día de hoxe sen a oportuna publicidade) serán expostas no taboleiro de anuncios do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nas audiencias provincias, no Servicio de Xerencia e na Dirección Xeral de Xustiza, e na páxina web da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2003.

Juan José Martín Álvarez

Director xeral de Xustiza