Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 26 de novembro de 2003 Páx. 14.584

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO OURENSÁN DE DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

CONCURSO para contratación de director-xerente do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde).

No BOP de Ourense nº 260, do día 12 de novembro do actual, publícanse íntegras as bases do concurso para a contratación laboral, como persoal de alta dirección, conforme o Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto, e polo prazo de 5 anos, de director-xerente do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), organismo autónomo administrativo dependente da deputación provincial. As solicitudes e documentación necesarias entregaranse nas oficinas do Inorde, r/ Progreso 28, Ourense, durante o prazo dun mes, a partir da publicación deste anuncio no DOG. Información: no Inorde, na dirección antes mencionada, ou no teléfono: 988 39 10 85, ou fax: 988 39 19 62.

Ourense, 14 de novembro de 2003.

Antonio Mouriño Villar

Presidente do Instituto Ourensán

de Desenvolvemento Económico