Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 26 de novembro de 2003 Páx. 14.584

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

RECADACIÓN de tributos.

De conformidade co disposto no artigo 7 da Lei 39/1988 e 16.3º da Lei 7/1985, e cumprindo co que acordou a corporación provincial, na sesión do día da data, faise público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polo Concello de Entrimo, para a recadación do imposto sobre bens inmobles, imposto sobre actividades económicas, imposto sobre vehículos de tracción mecánica e taxa de recollida de lixo.

Todo isto nas condicións xerais establecidas e que se detallan no anuncio publicado por esta corporación no DOG do día 19 de setembro de 1994.

A data de inicio de efectos desta delegación e o prazo da súa vixencia, axustaranse ás normas que ten establecidas esta deputación.

Ourense, 31 de outubro de 2003.

José Luis Baltar Pumar

Presidente da Deputación Provincial de Ourense