Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 26 de novembro de 2003 Páx. 14.583

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO.

O Pleno deste concello, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día da data acordou:

1. Aprobar definitivamente o estudio de detalle promovido por instancia de Gonzalo Gómez Álvarez, relativo á modificación de aliñacións e rasantes do predio nº 25, situada en Sebe-Cacheiras, de 2.398,99 m de superficie, clasificados como solo Urta (urbano) nas normas de ordenación complementarias e subsidiarias do planeamento do concello.

2. Comunicarlle este acordo ó Servicio Provincial de Urbanismo no prazo de dez días, e publicalo no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público en cumprimento do artigo 140 do Regulamento de planeamento.

Teo, 24 de outubro de 2003.

Armando Blanco Martínez

Alcalde