Por acordo da Comisión de Goberno, adoptado na sesión da data 22 deste mes, resólvese aprobar, con carácter inicial, o estudio de detalle promovido ó abeiro do establecido polo artigo 29 do Plan parcial do polígono industrial-residencial Os Capelos, pola empresa que a seguir se cita, na liña que tamén se especifica.
Promotor: Deriper Galicia, S.L.
Parcelas: 30-31.
Obxecto: agrupación.
En cumprimento do disposto no artigo 86.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, faise público para o seu xeral coñecemento, por un prazo de vinte días contados a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia; e todo isto co fin de que poidan ser examinadas no Servicio de Urbanismo deste concello e, se é o caso, presentadas as observacións que se xulguen pertinentes.
Carral, 23 de outubro de 2003.
José Luis Fernández Mouriño
Alcalde