Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 26 de novembro de 2003 Páx. 14.579

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2003, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, trámite de urxencia e anticipado de gastos, para a contratación do servicio de recollida e traslado de roupa sucia e posteriormente hixienizada do centro Hospital Montecelo, dependente do Complexo Hospitalario de Pontevedra e a lavandería do Hospital do Meixoeiro en Vigo. (Expediente CP001/2004).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6 j) da Orde do 14 de marzo de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 66, do 5 de abril), sobre delegación de competencias no xerente xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, resolve convoca-lo concurso público nº 001/2004, polo procedemento aberto, trámite de urxencia e anticipado de gastos seguinte:

1. Obxecto e orzamento: a contratación do servicio de recollida e traslado de roupa sucia e posteriormente hixienizada do centro Hospital Montecelo, dependente do Complexo Hospitalario de Pontevedra e a lavandería do Hospital do Meixoeiro en Vigo, por un orzamento de setenta e cinco mil euros (75.000 A). Imposto sobre o valor engadido incluído.

2. Prazo de execución: dous anos, a partir da data de formalización do contrato.

3. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas e demais documentación complementaria poderán ser solicitados na Unidade de Contratación Administrativa no Hospital Provincial; r/ Loureiro Crespo, 2. 36001 Pontevedra, nos días laborables, agás sábados, desde as 9.00 ata ás 14.00 horas, ou por teléfono: 986 80 71 03 ou fax: 986 80 70 52, durante o prazo de admisión das proposicións. Enderezo da Internet: www.sergas.es

4. Fianzas: provisional, o dous por cento do orzamento da licitación: mil cincocentos euros (1.500). Definitiva, o catro por cento do importe da adxudicación, que se constituirán conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Solvencia económica e financeira: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Solvencia técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Criterios de adxudicación: os especificados na folla de especificacións do prego de cláusulas (p. 16).

8. Clasificación: non se esixe.

9. Presentación das proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoas que o representen, no rexistro xeral do Hospital Provincial de Pontevedra, antes das catorce (14.00) horas do décimo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, finalizará o día hábil seguinte), ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral de contratos das administración públicas.

10. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Provincial de Pontevedra, ás dez (10.00) horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

13. Anuncios: o importe dos anuncios deste concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 10 de novembro de 2003.

Francisco Javier Cobas Gamallo

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Pontevedra