En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, a División de Recursos Económicos acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:
Expediente: S-297/2003.
Obxecto do contrato: consultoría e asistencia para o servicio técnico de aseguramento da calidade nos procedementos informáticos no Sergas (Consellería de Sanidade-Xunta de Galicia) e en centros dependentes del.
Boletín e data de publicación do anuncio de licitación:
Diario Oficial de Galicia do 10 de setembro de 2003.
Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Ordinaria, aberto e concurso.
Orzamento base de licitación.
255.330 euros.
Adxudicación.
Data: 30-10-2003.
Adxudicatario: Schlumbergersema, S.A.U.
Nacionalidade: española.
Importe da adxudicación: 255.240 euros.
Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2003.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral da División de Recursos Económicos