Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 26 de novembro de 2003 Páx. 14.576

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2003, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, pola que se fai pública a adxudicación do contrato de realización de probas analíticas en laboratorios externos (C.P. 33/2003).

A Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo sexto da orde da Consellería de Sanidade do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, resolve publica-la adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Hospital Comarcal Valdeorras; r/ Conde Fenosa, nº 50, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense).

b) Número de expediente: 33/2003.

c) Tramitación: Servicio de Xestión Económica-Departamento de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: realización de probas analíticas en laboratorios externos.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia do 30 de xullo de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 123.000 A (IVE incluído).

5. Adxudicación.

a) Data: 17 de outubro de 2003.

b) Empresa adxudicataria: Referente Laboratory, S.A.; nacionalidade: española.

c) Importe de adxudicación: 104.600,70 A.

O Barco de Valdeorras, 17 de outubro de 2003.

Dionisio López Bellido

Director xerente do Hospital Comarcal Valdeorras

do Barco de Valdeorras