Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 26 de novembro de 2003 Páx. 14.574

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 3 de novembro de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se notifica resolución do expediente de regulación de emprego 10/1999 e tres máis.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servicio de correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, por esta cédula notifícaselles ás empresas e demais interesados relacionados no anexo as resolucións recaídas nos expedientes de regulación de emprego referidos nel.

Faise saber que as ditas resolucións esgotan a vía administrativa e os interesados poden formular contra elas, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a súa publicación ante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, por aplicación e de conformidade co establecido nos artigos 8.3º e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2003.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Expediente: 10/1999 (R.A.).

Expte.: 166/1999 (Pontevedra).

Empresa: Tecnología, Obras y Servicios, S.A. (Tecnoser).

Resolución: a Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais dictou, con data do 2 de xullo de 2003, resolución do recurso de alzada presentado por Mª José Moral Hernández, en nome e representación da empresa Tecnologías, Obras y Servicios, S.A. (Tecnoser) contra a Resolución do 28 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra en Vigo da entón Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no expediente de regulación de emprego nº 166/1999 (PO) na que se acorda a súa desestimación e a confirmación da resolución impugnada en tódolos seus extremos.

Expediente: 11/1999 (R.A.).

Expediente: 167/1999 (Pontevedra).

Empresa: Kepar, S.L.

Resolución: a Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais dictou, con data do 2 de xullo de 2003, resolución do recurso de alzada presentado por José Ramón Rodríguez Pastoriza, en nome e en representación da empresa Kepar, S.L., contra a Resolución do 18 de maio de 1999, da Delegación Provincial da entón Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de Pontevedra, en Vigo, no expediente de regulación de emprego nº 167/1999 (PO) na que se acorda a súa desestimación e a confirmación da resolución impugnada en tódolos seus extremos.

Expediente: 06/2002 (R.A.).

Expte.: 93/2002 (CO).

Empresa: Parquets Hernández, S.A.

Resolución: a Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais dictou, con data do 26 de xuño de 2003, resolución do recurso de alzada presentado por Rafael Gaisse Fariña, en nome e representación da empresa Parquets Hernández, S.A. contra a Resolución do 16 de agosto de 2002, da Delegación Provincial da Coruña da entón Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no expediente de regulación de emprego nº 93/2002 (CO) na que se acorda a súa desestimación e a confirmación da resolución impugnada en tódolos seus extremos.

Expediente: 09/2002 (R.A.).

Expediente: 308/2001 (CO).

Empresa: Teresa Suárez Casal.

Resolución: a Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais dictou, con data do 26 de xuño de 2003, resolución do recurso de alzada presentado por Teresa Suárez Casal, en representación da empresa do mesmo nome, contra a Resolución do 4 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña da entón Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no expediente de regulación de emprego nº 308/2001 (CO) na que se acorda a súa desestimación e a confirmación da resolución impugnada en tódolos seus extremos.