Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 26 de novembro de 2003 Páx. 14.570

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2003, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se lle notifica a Ramón Fernández García o emprazamento no recurso contencioso-administrativo 7663/2003 interposto por Jesús Vázquez Tarrío e Emilio Vázquez Tarrío na zona de concentración parcelaria de Reboredo (Antas de Ulla-Lugo), devolta polo servicio de correos.

Pola presente resolución, e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e por ser devolto polo servicio de correos, notifícase ó interesado que ten os datos persoais e último domicilio coñecido que figuran no anexo, o emprazamento a Ramón Fernández García no recurso contencioso-administrativo 7663/2003 interposto por Jesús Vázquez Tarrío e Emilio Vázquez Tarrío na zona de Reboredo (Antas de Ulla-Lugo).

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2003.

Alejandro Martínez-Geijo Nogueira-Soares

Director xeral de Infraestructuras Agrarias

ANEXO I

Destinatario: Ramón Fernández García.

Domicilio: Rúa Nova, 13, 27001 Lugo.

Texto: «Con data do 17 de xullo de 2003 tivo entrada no rexistro desta consellería oficio do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 3, solicitando o expediente correspondente ó recurso nº 7663/2003 interposto por Jesús Vázquez Tarrío e Emilio Vázquez Tarrío contra a resolución que estima en parte recurso de alzada contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Reboredo (Antas de Ulla-Lugo).

O que se lle notifica por medio da presente, toda vez que pode vostede resultar interesado no mesmo e co obxecto de poder comparecer como parte nos autos, se así o estimase oportuno, mediante procurador con asistencia de letrado ou avogado con poder para o efecto, ante a sala requirente, no prazo de nove días, contados a partir do seguinte ó da recepción da presente notificación, de conformidade co establecido no artigo 49 da Ley 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da jurisdicción contencioso-administrativa».

Notifíquese ós interesados na forma prevista na lexislación vixente.