Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía.
Domicilio social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.
Denominación: L.M.T., C.T. edf. La Espiga.
Situación: concello de Ponteareas.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV, de 20 m de lonxitude, con orixe na L.M.T.S. de distribución de Ponteareas e remate no C.T. que se proxecta, de 630 kVA R.T. 20 kV-380/220 V, situado no edificio La Espiga, na rúa Fernández de la Mora de Ponteareas.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos con
dicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Pontevedra, 10 de outubro de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra