Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 26 de novembro de 2003 Páx. 14.566

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 31 de outubro de 2003, do recadador de zona da Coruña, polo que se relacionan dilixencias de embargo pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan (Arcay Villar, María Luisa e catro máis).

O recadador da Comunidade Autónoma de Galicia, titular de zona da Coruña, por medio deste anuncio, comunica que se seguen neste órgano de recadación procedementos administrativos de constrinximento contra os debedores que se sinalan na relación que se xunta, segundo establece o artigo 110 do Regulamento xeral de recadación. Nos devanditos expedientes practicouse dilixencia de embargo sobre os bens que aparecen como propiedade dos debedores; dilixencia que non lles puido ser notificada ós interesados malia os intentos feitos neste sentido. A referencia da dilixencia é a que se sinala no anexo.

Dos embargos que se citan tomarase nota no rexistro que corresponda, a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, emprázanse os interesados, ou os seus representantes, para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de recadación (Zona de Recadación da Coruña, r/ Comandante Fontanes 17-1ºA) no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 31 de outubro de 2003.

Nazario Villalva Montero

Recadador de zona da Coruña

ANEXO

Interesado

NIF

Data dilixencia

Descrición do ben

Arcay Villar, María Luisa32406800-F9-10-2003Embargo de facturación á empresa Taserval, S.L.

Botana Bello, Manuel33275021-R6-10-2003Embargo de facturación á empresa Modipu, S.L.

Gavela Álvarez, Emilio32467804-S9-10-2003Embargo de retribucións na empresa Instituto Nacional da Seguridade Social.

Interesado

NIF

Data dilixencia

Descrición do ben

Pena Vázquez, Pablo32177824-L8-9-2003Aprobación valoración predio catastral nº 8800807NJ4080S Rex. Prop. 6, A Coruña.

Rey Veiga, José76477977-X4-9-2003Aprobación valoración predio catastral nº 15043A02100217 Rex. Prop. Noia.