Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 457/2003 por instancia de Antonio López García e outro, contra Galaicolor, S.A.L. e Fogasa, nos que recaeu sentencia con data do 20-10-2003 que copiada nos particulares necesarios di así:
«Que estimando a demanda promovida por Antonio López García e Gumersindo Cedón Sobrino contra a empresa Galaicolor, S.A.L. e o Fogasa debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía os litigantes ó día de hoxe condenando a demandada a estar e pasar pola anterior declaración e o aboamento da cantidade de 49.577 euros en concepto de indemnización, a cada un dos demandantes.
Así, por esta miña sentencia, contra a que poderá recorrerse en suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de interpoñelo mediante comparecencia ou por escrito sendo indispensable que ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba ante este xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado na conta deste xulgado aberta en Grupo Banesto (Banco Español de Crédito, S.A. e Banco de Vitoria, S.A.) co número 5.605 0000 60 0457 03, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, sen este requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ademais a cantidade de 150,25 euros na mesma conta 5.605 0000 65 0457 03 entregándose o xustificante na secretaría ó
tempo de interpoñe-lo recurso declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo.
Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación a anunciar dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentencia, ante este xulgado do que coñecerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal e como establecen os artigos 188 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral aprobado por Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.
Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».
E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Galaicolor S.A.L. expido e asino esta cédula na Coruña, 20 de outubro de 2003.
O secretario xudicial
Rubricado