Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 25 de novembro de 2003 Páx. 14.550

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan parcial do solo urbanizable non programado número 22 (SUNP-22). Castro de Abaixo.

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, na súa sesión do 30 de xuño de 2003, aprobou definitivamente o Plan parcial do solo urbanizable non programado número 22 (SUNP-22) de Castro de Abaixo, promovido polo servicios técnicos municipais.

O acto da aprobación definitiva do citado plan parcial foi comunicado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda con data do 1 de outubro de 2003, en cumprimento do disposto polo artigo 92.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

De acordo co sinalado no artigo 92.2º da citada lei, publicouse no BOP número 237, o día 15 de outubro de 2003, o texto íntegro da normativa.

Contra o acordo de aprobación definitiva do plan parcial poderase interpoñer directamente recurso

contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2003.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde