Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 25 de novembro de 2003 Páx. 14.547

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CEDULA do 5 de novembro de 2003, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan (expediente C-85/200, conta 23 e dous máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido no artigo 30.1º do texto refundido de VPO, R.D. 2960/1976, do 12 de novembro, e no punto primeiro do artigo 138.1º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio (identificado por nº de expediente e conta) que a seguir se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten sen pagar e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 142 do regulamento en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poren ó día das súas obrigas, ou compareceren na delegación provincial, en trámite de

audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que consideren convenientes ó seu dereito.

En caso contrario, procederase á resolución dos sus contratos, que se acordará no expediente de desafiuzamento ou, de se-lo caso, execución hipotecaria, iniciado co presente documento, e que rematará co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario. Expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 5 de novembro de 2003.

Rosa Mª Gallego Neira

Xefa de Área Provincial da Coruña

ANEXO

-Leopoldo Díaz López, Mª Elena Pérez Seijas e herdeiros.

Expte. C-85/200 (F.P. 76/03).

Conta: 23.

Rúa 13, nº 4, 1º D, bloque 25, P-4, Polígono de Esteiro (Ferrol).

Importe débeda: 6.108 A.

-Carlos Combarro Fernández, Ana Mª Guzmán Cotillas e herdeiros.

Expte. C-85/190 (F.P. 78/03).

Conta: 11.

Polígono de Esteiro, Travesía de Bazán, bloque 1, P-2, 3º dta. (Ferrol).

Importe débeda: 5.070,92 A.

-Juan Saúl Fajardo Beceiro (notificado a Saúl Juan Fajardo Cabana y Miguel Cabana Leira.

Expte. C-85/190 (F.P. 79/03).

Conta: 22.

R/ Fonte da Greza, bloque 2, nº 4, 2º I (Ferrol).

Importe débeda: 19.512,62 A.