Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 25 de novembro de 2003 Páx. 14.540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, pola que se lle dá publicidade á adxudicación do contrato de consultoría e asistencia consistente na definición, implantación e seguimento dunha estratexia orientada á potenciación do deseño industrial en Galicia. (Expediente 3/2003 DXT).

Para os efectos previstos no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, esta secretaría xeral acordou dar publicidade á adxudicación do contrato de consultoría e asistencia consistente na definición, implantación e seguimento dunha estratexia orientada á potenciación do deseño industrial en Galicia (expediente 3/2003 DXT).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial.

Número de expediente: 3/2003 DXT.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

Descrición do obxecto: elaborar informes que permitan fixa-las liñas para a definición, implantación e seguimento dunha estratexia orientada a potencia-lo deseño industrial dentro do tecido empresarial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 21 de agosto de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 137.000 euros, IVE incluído.

5. Adxudicación.

Fecha: 3 de outubro de 2003.

Adxudicatario: Design Innovation España, S.L.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: cento trinta mil cincocentos euros (130.500 euros), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2003.

P.D. (Orde 21-1-2003, DOG do 17 de xaneiro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio