Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 24 de novembro de 2003 Páx. 14.511

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso, con procedemento aberto, de asistencia á Deputación Provincial da Coruña para a realización do control da calidade das obras incluídas no proxecto de reparación da ponte de Catoira.

1. Obxecto: o concurso ten por obxecto a contratación da asistencia á Deputación Provincial da

Coruña para a realización do control de calidade das obras incluídas no proxecto de reparación da Ponte de Catoira, que figuran a continuación, cos orzamentos, garantías e clasificacións que se relacionan.

2. Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

3. Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación en horas das 9.00 ás 13.00 dentro do prazo dos quince días naturais que comezarán a contar desde o seguinte ó da última publicación do presente anuncio no BOP ou DOG.

4. O texto íntegro do presente anuncio figura no BOP.

5. Gastos de anuncios: os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 17 de novembro de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervia

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

ANEXO

Denominación da obraOrzamentoPrazo de execuciónClasificaciónGarantía provisionalGarantía definitiva

Reparación da ponte de Catoira20.741,57

Ano 2003: 18.436,95

Ano 2004: 2.304,62

Comprenderá o prazo de execución das obras ampliado nun mes máis para a realización dos traballos de probas finaisNon se esixeNon se esixeNon se esixe