Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 24 de novembro de 2003 Páx. 14.510

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2003 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración de diverso material informático e técnico con destino á imprenta provincial. (Expediente 03/10254).

Obxecto: subministración de diverso material informático e técnico con destino á imprenta provincial.

Orzamento: 77.734,84 euros, desglosado en 5 lotes.

Forma de adxudicación: concurso con procedemento aberto.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: ata as 13.00 horas dentro do prazo de 15 días naturais contado desde o seguinte ó da publicación do anuncio no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 12 de novembro de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña