Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 24 de novembro de 2003 Páx. 14.505

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2003 pola que se concede a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio Consultoría Edificación y Obra Civil, S.L. con domicilio social na avenida do Rebullón, s/n. 36416-Mos (Pontevedra).

De acordo co establecido no Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro), polo que se aproba o sistema para a acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción; a Orde FOM 2060/2002, do 2 de agosto (BOE do 13 de agosto), pola que se aproban as disposicións reguladoras das áreas de acreditación e por proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do Servicio de Calidade na Edificación conforme establecen os artigos 12 h) e 18.3º.1 do Decreto 70/1997, do 14 de marzo (DOG do 10 de abril), a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlle a acreditación e inscribir no Rexistro de Laboratorio de Ensaios para o Control

de Calidade da Construcción a Consultoría Edificación y Obra Civil, S.L. con domicilio social na avda. do Rebullón, s/n. 36416-Mos (Pontevedra), polo prazo e as condicións a que se refire o artigo 4 do anexo do Decreto 441/1990, do 6 de setembro, nas áreas de:

1.1. Área de control do formigón e compoñentes (EHC).

Número de rexistro 15003 EHC 03 B e os ensaios complementarios que se relacionan:

1.1.1. Ensaios básicos.

1.1.2. Ensaios complementarios e normas de aplicación.

Áridos:

Determinación de terróns de arxila: UNE 7-133-58.

Determinación de partículas brandas en áridos grosos: UNE 7-134-58.

Determinación de partículas de baixo peso específico en áridos: UNE 7-244-71.

Determinación cuantitativa dos compostos de xofre: UNE EN 1744-1:1999.

Determinación de materia orgánica en areas: UNE EN 1744-1:1999.

Determinación da reactividade dos áridos cos álcali do cemento: UNE 146-507-99(2) EX, UNE 146-507-99(1) EX y UNE 146-508-99 EX.

Determinación de compostos de sulfatos: UNE EN 1744-1:1999.

Medida do coeficiente de friabilidade das areas: UNE 83-115-89 EX.

Determinación do coeficiente de Los Ángeles. Resistencia ó desgaste da grava: UNE EN 1097-2:1999.

Determinación da estabilidade de áridos fronte a disolucións de sulfato sódico ou de sulfato magnésico: UNE EN 1367-2:1999.

Determinación do coeficiente de forma do árido groso: UNE 7-238-71.

Determinación do contido, do tamaño máximo característico e do módulo granulométrico do árido groso en formigón fresco: UNE 7-295-76.

Determinación de cloruros, método volumétrico (Volhard): UNE EN 1744-1:1999.

Determinación dos sulfatos solubles en áridos: UNE EN 1744-1:1999.

Determinación da forma das partículas. Índice de laxas: UNE EN 933-3:1997.

Augas:

Determinación da acidez, expresada polo seu pH: UNE 7-234-71.

Determinación do contido total de substancias solubles: UNE 7-130-58.

Determinación de sulfatos: UNE 7-131-58.

Determinación de cloruros: UNE 7-178-60.

Determinación cualitativa de hidratos de carbono: UNE 7-132-58.

Determinación cuantitativa de substancias orgánicas solubles en éter: UNE 7-235-71.

Formigóns:

Determinación da densidade do formigón fresco: UNE 83-317-91.

1.2. Área de sondaxes, toma de mostras e ensaios in situ para recoñecementos xeotécnicos (GTC).

Número de rexistro 15003 GTC 03 B.

1.2.1. Ensaios básicos.

1.3. Área de ensaios de laboratorio de xeotecnia (GTL).

Número de rexistro 15003 GTL 03 B e os ensaios complementarios que se relacionan.

1.3.1. Ensaios básicos.

1.3.2. Ensaios complementarios e normas de aplicación.

Resistencia e deformación de rochas:

Resistencia á compresión uniaxial: UNE 22950-1:1990.

Resistencia á tracción. Determinación indirecta (ensaio brasileiro): UNE 22959-2:1990.

Resistencia á carga puntual: UNE 22950-5: 1996.

Segundo.-Calquera variación nas condicións que serviron de base para a acreditación do laboratorio deberá ser comunicada a esta dirección xeral no momento que se produza.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2003.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo