Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 24 de novembro de 2003 Páx. 14.499

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente P-71/2003, incoado por infracción da Lei de pesca fluvial, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente, de non efectualo voluntariamente, dispón o interesado dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4

de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto) e no Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Lugo, 17 de setembro de 2003.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente.: nº P-71/2003.

Denunciado: Manuel Antonio Sampaio Ribeiro.

DNI: X-1688848-G.

Enderezo: c/ Central nº 2-1º B. Monforte de Lemos. Lugo.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca con cana sen estar en posesión da preceptiva licencia. Feitos constatados o día 17-5-2003, ás 17.00 h no encoro de Belesar. Chantada. Lugo.

Precepto sancionador: 34.1+ da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación da sanción: menos grave.

Sanción: 300,51 euros.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para a práctica deste deporte por un período dun ano.