Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 24 de novembro de 2003 Páx. 14.496

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 14 de novembro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, pola que se anuncia a licitación mediante concurso público, polo sistema de procedemento aberto, trámite urxente e como expediente anticipado de gasto, para a contratación dun servicio de dous helicópteros polivalentes con destino ó centro de emerxencias 112-SOS-Galicia.

Advertido erro na devandita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 226, do xoves, día 20 de novembro de 2003, cómpre face-la seguinte corrección:

-Na páxina 14.393, no punto 2, onde di: «d) Prazo de execución: desde o 1 de xaneiro de 2004 ata o 31 de decembro de 2004 (incluídos)»; debe dicir: « d) Prazo de execución: desde o 1 de xaneiro de 2004 ata o 31 de decembro de 2005 (incluídos)».