Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 24 de novembro de 2003 Páx. 14.492

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2003 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, procedemento aberto e trámite de urxencia, de 2 obras de regadío da lagoa de Antela.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias.

2. Obxecto do contrato.

a) Descripción do obxecto: 1. Medidas correctoras-compensatorias e primeiro ano de vixilancia ambiental (2006) do proxecto de transformación en regadío do secaño da lagoa de Antela, expediente: X-6535. 2. Rede de rega do secaño da marxe dereita da canle principal da lagoa de Antela, expediente: X-6411, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) Número: 2 obras.

c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: o que se especifica no prego de cláusulas administrativas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

1. Medidas correctoras-compensatorias e primeiro ano de vixiancia ambiental (2006) do proxecto de transformación en regadío do secaño da lagoa de Antela, expediente: X-6535:

Ano 2003: 27.191,60 A.

Ano 2004: 130.000 A.

Ano 2005: 145.000 A.

Ano 2006: 165.000 A.

Orzamento total: 467.191,60 A.

2. Rede de rega do secaño da marxe dereita da canle principal da lagoa de Antela, expediente: X-6411:

Ano 2003: 280.717,57 A.

Ano 2004: 1.370.000 A.

Ano 2005: 4.006.557,90 A.

Orzamento total: 5.657.275,47 A.

5. Garantías.

Provisional: o 2% do orzamento de licitación de cada obra.

Definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación de cada obra.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Subdirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

b) Domicilio: San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 57 55.

e) Telefax: 981 54 57 53.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo: http://www.xunta.es/contratacion.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará ós trece días naturais, ás 14.00 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses, contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Posibilidade de variantes.

En relación á reducción do prazo de execución rexerá o disposto no punto 9 da folla de especificacións.

9. Clasificación.

Obra 1: grupo: A, subgrupo: 2, categoría: c.

Obra 2: grupo: E, subgrupo: 6, categoría: f.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: terá lugar, en acto público, na sala de xuntas da consellería, o cuarto día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora:13.00 horas.

11. Cofinanciada con fondos FEOGA-O dentro do programa operativo integrado de Galicia 2000-2006 (2000.ES.16.1.PO.011)

12. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2003.

P.D. (Orde 19-9-2003)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Política

Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural